jueves, 17 de junio de 2010

Outro xantar

Espero que desta vez os vosos comentarios ilustren esta foto, xa que eu só coñezo ós dous do primeiro plano da esquerda que son Julio Neira "O Mexicano" e Quico Bouzas "Floravia", e dubido si o segundo da dereita, ese que se adianta sobre a mesa, e que leva lentes, será Chao, o fotógrafo.
Dos demais compoñentes no teño nin idea, e tampouco sei onde e cando se fixo a foto, e cal foi o motivo deste xantar.
Noutras palabras, dependo de vós.



2 comentarios:

  1. O primeiro pola dereita e o sr. Pepe o Heladero, e o cuarto pola esquerda chamábase Camilo era oficial no concello de Beade, vivía en San Cristobo. O que está depé co pitillo na boda é das Chavolas e xa o teño visto noutra foto. Esta pode ser que esté feita no Bar Miño, que pola época rexentaba Pepe das Chavolas e que estaba no fondo do Campo da Feira.
    F.J.B.

    ResponderEliminar
  2. Creo que a foto está feita na parte traseira do antigo bar Morto

    ResponderEliminar