domingo, 13 de junio de 2010

Motorizada

Mirade que tempos aqueles. A xente de paseo pola rúa, invadindo a calzada, xa que os automóbiles debían de pasar de cando en vez. Ó fondo parece que se ve un camión que non sei si tenta avanzar entre o xentío, ou está aparcado.
O certo é que esta moza, da que non sei absolutamente nada, está axena a todo o que a rodea, e posa encantada derriba desa potente moto, que faría as delicias dos coleccionistas de hoxe en día.




1 comentario:

  1. Andaban pola rùa porque estaban en festas. Vese unha tira de alumbrado festeiro xusto enriba da cabeza da motorista con forma como de xarròn ou floreiro. Supoño que seràn as do Portal.
    un saùdo
    Pepe Lui

    ResponderEliminar