Por si non caestes na conta da súa identidade en entradas anteriores, hoxe poñemos esta foto máis ou menos recente de Perfecta e Miguel, que como podedes ver aparecen fotografiados na Estación Marítima de Vigo nos anos setenta.
Onte puxen unha foto dela levando da man ós dous fillos maiores. E agora seguro que xa saberedes que ela é Perfecta Álvarez, e el Miguel López.
Son os pais dos nosos colaboradores Manolo e Mari Carmen, e tamén de Miguel e de José Luis . Supoño que lembraredes que el era o Depositario do noso Concello, e que perdera un ollo no frente de Asturias ó principio da Guerra Civil, como xa contamos nunha entrada anterior.
Foron veciños unha chea de anos do barrio de San Francisco, vivían exactamente nunha casa que me parece que estaba adosada ós muros do Convento, xusto encima da estrada que vai á Foz.

No hay comentarios:
Publicar un comentario