jueves, 3 de junio de 2010

A escola de Sampaio

Corrían os anos sesenta, e se comenzaba a construir o encoro de Castrelo, Fenosa dispuña de varios barracóns en Santa Cristina para o uso do seu persoal, e ó mesmo tempo o edificio que albergaba a escola unitária de Sampaio estaba nunhas condicións deplorables, que non aconsellaban o seu uso.
Eu non sei como, nin quen levou a negociación, pero o caso foi que Fenosa cedeu dous dos seus barracóns para a Escola de Sampaio, eso si a tempo parcial, só polas mañáns, un para os nenos ós que lle daba clase o Sr. Rivela ( ¿Podería ser Juan como o seu fillo?) e outro para as nenas, ás que lle daba clase miña nai, que é a que aparece aí rodeada de tódalas súas alumnas no ano 1965, e có val de Castrelo ó fondo.
Non sei o nome desas rapaciñas, aínda que podo dicir que algunha delas hoxe é xa avoa, pero si sei que estaban na gloria, xa que disfrutaban dunha magnífica calefacción, eso si só polas mañáns, xa que polas tardes os que ocupaban as aulas eran os propios traballadores da central, que recibían cursos de alfabetización.




1 comentario:

  1. as rapazas q aparecen na foto de dereita a esquerda empezando por arriba son: a 4ª é Manolita "a do pinche",7ª Rosita do carteiro, a profesora e a muller de don Julio,8ª Estrellita,10ª Miluca,11ª Enriqueta,14ª Mº Carmen. Na fila de abaixo, de esquerda a dereita son: 2ª Mº José,4ª Toñita (a marranica),9ª Gelines (bar estación)11ª Toñita(a do Joseciño)12ª Toñita (a do Valente). Saúdos

    ResponderEliminar