Me envía Francisco Couto Gulín esta fotografía do seu avó, que como podedes ver posa para o fotógrafo de forma individual, pero coa uniformidade da súa banda de música, que non era outra que A Lira de Ribadavia.
Trátase de Braulio Gulín, co seu instrumento, que penso que é unha especie de trombón, e teredes que perdoar o meu atrevemento, así como o meu descoñecemento musical, por si non acerto, pero como dicía sempre meu avó "a ignorancia é atrevida".
Eu coñecín ó seu fillo Braulio, tamén musico da Lira, e que vivía a carón da Praza Maior, ó lado de Previsión.
A foto debe de ser bastante antiga, e Francisco, a quen lle dou as grazas pola súa colaboración, non é capaz de datala, polo que eu diría que podería ser de finais dos anos 20, pero seguro que vós teredes moita máis información.

Exactamente. O instrumento é un trombón de chaves. Na foto da Lira que tes no blog, aparecen nomeados catro fillos e un neto de este home, pero ningún deles tocaba o trombón. O fillo que continuou con trombón era Benito, que sempre viviú en Pontevedra e tocaba, por riba de todo o trombón de baras.
ResponderEliminar