sábado, 20 de febrero de 2010

Disfraces no Club

Hoxe é sábado de Piñata, e no Club Artístico sempre se celebraba un baile pola noite, que era en definitiva o adeus ó Entroido.
Algúns amigos me pediron que puxese fotos nosas, e como xa dixen o outro día, moitas non hai. Hoxe vou a facer unha excepción e poño esta, que se sacou tal día coma o de hoxe, pero non sei de que ano. Por dicir algo falaría do 1979 ou do 80.
Daquela non había nin televisión por satélite, nin internet, pero nalgunha revista, supoño eu, que víramos isto do fútbol americano, e chamounos a atención. Así sen moita máis información, e mirando unhas fotos, puxémonos mans á obra.
Lembro uns trozos de tela brilante de cor azul, plástico adhesivo amarelo, e unhas camisetas brancas, desas de inverno. Logo a polos cascos. A buscalos por toda Ribadavia. ¿E se os estropeamos ó poñerlle as proteccións de arame?. O final apareceron, e xunto cun pouco de espuma, desa dos ataúdes, e uns cartón fixemos as ombreiras, o máis grandes posibles, ben avultadas, esaxeradas.
Eran as 12 da noite e aínda nos faltaba por facer o balón. Viruta e uns calcetíns marróns, e todos ó Club.
Nun dos descansos do baile puxémonos a xogar có balón, que foi parar a cabeza dalguén ou a algunha mesa, supoño que entre o casco, a máscara e o alcohol non víamos ren.
O que é a memoria, xa non me lembro de todos, Pepe Viñas, Manuel Álvarez, José Sánchez Moreno, Pepe Casas e máis eu. Poida que me equivoque. Non o sei, sempre pensei que foramos un grupo máis numeroso.


1 comentario:

  1. Interesting site.

    We offer office and retail cleaning carried out by specialist trained cleaners.

    Our cleaning technicians are trustworthy and dependable.

    Discover more about our [url=http://www.cleanerlondon.com/domestic-cleaning-london.php]domestic cleaning[/url] services.

    ResponderEliminar