lunes, 14 de marzo de 2011

Unha postal nova

Acabo de atopar esta postal nunha páxina de ventas por internet. E digo nova porque eu no a coñecía de nada. Mirade que puxemos fotos do Castelo, pois esta non a vira nunca.
Si nos poñemos a revisar un pouco as que xa publicamos, a que máis coincide con esta, e a foto que fixo do noso monumento a americana Rut Mathilda Anderson no ano 1925. As pistas que tomo como referencia son eses postes que aparecen fronte o tellado da dereita, e as copas dos cipreses que aparecen ó fondo detrás da muralla . Na foto do ano 1912, na de Ciarán non aparecen esas edificacións, xa que só hai unha. E na de Ksado de 1936 só aparecen tres postes, polo que penso que esta imaxe debe de ser de mediados dos anos vinte.
Outra cousa na que nunca me fixara, é que ó lado da cheminea central que hai na fachada, un pouco á dereita había unha especie de ventá que hoxe non existe, e que podemos ver en tódalas imaxes antigas.
Si algún de vós quere conseguir esta postal e algunha máis da vila , están á venda nunha coñecida casa de subastas online. Teñen prezos de arredor dos 7 dólares americanos, e penso que a súa orixe está na Arxentina.


2 comentarios:

  1. Tratase dunha foto moi interesante, amáis da venta e a linea de muralla máis uniforme e enteira ca que existe hoxe en día, tamén se pode ver o vello conducto de auga que por medio dun sifón entraba no castelo, magoa que hoxe non se conserve. Esta canalización de auga formaba parte da levada dos Condes, que viña dende o maquiáns pola Franqueiran, entraba en San Domingos (tiñan dereito a utilizar esta auga) e seguia cara o castelo, donde logo de surtir as fontes, xardíns e horta do Conde, deixabase o que sobraba para que os viláns puidesen utilizala para as suas hortas.

    ResponderEliminar
  2. Perdoai o erro na descripción anterior, venta=ventá (faltáballe a tilde) por escribir demasiado depresa.

    ResponderEliminar