Ollade que cambio con respecto á foto de onte. Simplemente lle cairon derriba trece anos máis, nos que lle deberon de pasar moitas cousas a este muros. Todo iso pensando que a datación da foto de Ciarán (a de onte) sexa certa. Esta si que a temos ben datada, xa que se trata dunha desas maravillas feitas pola americana Ruth Matilda Anderson concretamente no mes de Xullo do ano 1925. Por certo que aínda podedes ver na Coruña a súa exposición na Fundación Caixa Galicia.
Agora toda a parte exterior da muralla está totalmente urbanizada, incluso parece que hai un garaxe cun automóbil dentro, do que asoma unicamente polo portón a roda de reposto que vai colgada da súa traseira.
Vemos tamén a Levada que traía a auga ó Castelo, que polo que podo apreciar debía de ter dous sifóns a ambos lados da estrada. Un deles é este muro que vemos á dereita das construccións, e do que sae unha canle que vai perpendicular á muralla, e que antes de entrar nela, verte por un lateral a modo de fonte.
A foto é fantástica. Ruth como xa vós dixen en entradas anteriores tiña un ollo especial, pero xa falaremos dela máis adiante, e con calma.

No hay comentarios:
Publicar un comentario