Atopei esta foto nunha páxina web de fotografía chamada "Peirao.com" fai uns meses, e a verdade é que chamoume a atención, xa que non coñecía esta estampa do noso castelo. Explícome, nesta foto aparece unha soa construcción adosada á muralla, e en fotos posteriores veremos como hai máis casas construidas nesta zona. Ireivos poñendo algunha desas fotos, e veredes a diferencia.
Moita información da foto non teño, é se fose verdadeira a que dan nesta páxina, estaría publicada no ano 1912. Podedes ver que ven firmada por A. Ciarán.
Hai un Alfonso Ciarán fotógrafo, do que aparecen fotos súas nun libro publicado sobre a Ávila antiga. Poideran ser a mesma persoa, xa que máis información sobre un fotógrafo deste apelido non atopei.
Eu persoalmente penso que esta imaxe está sacada dalgunha publicación da época, pero non o podo asegurar, e gustaríame saber de cal.
Hola, son o administrador de Peirao.com.
ResponderEliminarO libro da foto e Spain, Mondariz, Vigo, Santiago Guide to the Tourist.
Foi publicado en Madrid no ano 1912.
Saudos
Hai una reedición facsimilar da editorial Librería Maxtor do ano 2003
ResponderEliminare o libro pódese atopar á venda na súa web.
B.