A propósito do programa de man das festas do Portal dese ano, hoxe poñemos as dúas páxinas que lle adicou o xornal ourensán "La Región". Espero que os que teñades moita curiosidade poidades lelas, xa que ás veces isto de subir documentos é un pouco complicado. Probei a incrustalas de varios xeitos e en varios servidores, e non fun quen visionalas correctamente, polo que ó final optei por poñervos un enlace a Google Docs. De tódolos xeito, para os que coma min, xa temos que usar lentes, o mellor será que lle deamos varias veces ó símbolo da lupa que leva o máis , para poder amplialas ben.
A primeira é do día 8 de setembro do 1948, e entre os moitos anuncios de empresas ribadavienses, como é o caso de "El gran derroche" do que xa falamos aquí, podemos ler un "Romance de nostalgia y amor" firmado por Pilar Millán Astray; "Mi barrio" escrito por Jesús Sánchez; "Figuras Ribadavienses: D. Jesús Sánchez García" firmado por Viñas Calvo e "Valores Ribadavienses: D. Eduardo" rubricado por J.G.F.M,e adicado a D. Eduardo García Penedo a quen honran cunha rúa nestas festas.
Da seguinte páxina, publicada o día 9, destaco un artigode Jesús Sánchez sobre a visita da Pardo Bazán a Ribadavia, e outro titulado "Geniales hijos de Ribadavia", onde se fala entre outros de Alfonso Graña, máis coñecido como Alfonso I da Amazonia.
Para darlle un pouco de cor a esta entrada acompañámola do cartel da película "La cigarra" de Imperio Argentina, que se estrenou no cine España da vila nestas festas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario