De todos é ben coñecida esta taberna ribadaviense fundada por D. José Lorenzo, máis coñecido polo seu alcume de "O Papuxa". Xa falamos del noutras ocasións, como por exemplo, cando puxeramos unha foto da súa voda sacada na Porta Nova, e onde podedes ler unha fermosa anécdota del escrita por Carlos Casares.
Si mirades en Internet, atoparedes numerosas páxinas falando deste emblemático local, con multitude de fotos e videos, onde os internautas falan das súas excelencias, do seu tipismo, e incluso da forma que alí teñen de atender ós parroquianos.
Pero o que nunca fun capaz de atopar na rede foi unha foto de José, do seu fundador, falecido xa hai anos.
Grazas a Álavaro García, e ás súas habelencias fotográficas, hoxe podemos poñerlle cara ó Papuxa con este maravilloso retrato feito hai algúns anos na súa taberna.
Como vedes era moi ben plantado, e abofé que me creo ben o que del conta Casares. Estoume a imaxinar a cara que se lle debeu quedar ó que o entrevistaba, cando o Papuxa con esa voz profunda e potente que tiña lle espetou por sorpresa: ¡ Jamás!
Moitas risas debeu de botar despois co choi da cunca.
Moitas risas debeu de botar despois co choi da cunca.
A súa filla Celsa, que tiña un posto de pescado na praza de abastos, finou hai pouco.
ResponderEliminarSospecho que el nombre correcto del "Papuxa" es Jossé Davila Lorenzo casado el 23 Mayo 1943 con Valentina Alonso Medela
ResponderEliminar