Si o outro día publicamos o programa de man das Festas do Portal do ano 1948, hoxe facemos o propio co programa do ano 1950, que procede, igual co outro, do arquivo persoal de D. Manuel Meruéndano.
Non ten a mesma calidade gráfica que tiña o outro, xa que non incorpora fotografías, e só está feito a unha tinta, pero o importante é a información que nos da.
Fala por exemplo do descubremento dunha placa na Praza de Abastos en honor de D. Jesús Pousa, das tiradas de pichón, e do concurso anual de gando con cuantiosos premios.
Pero o mellor é que o leades vós.
Fiestas del Portal de Ribadavia 1950
No hay comentarios:
Publicar un comentario