lunes, 27 de febrero de 2012

A misa por Hitler e Mussolini

Esta é unha desas "perliñas" curiosas que hoxe en día nos chaman notablemente a atención, e que debemos de agradecer a Manuel Meruéndano por querela compartir connosco.
Como todos sabemos Adolf Hitler quitouse a vida no seu bunker de Berlín o día 30 de Abril do ano 1945, quizás para non ter que pasar polo mesmo trance polo que pasou o corpo de Benito Mussolini, que foi pendurado para escarnio público nunha gasolineira de Milán durante varios días, despois de que o axusticiasen o 28 de Abril do 1945 perto do lago di Como.
Tan só unha semana máis tarde, as forzas vivas de Ribadavia organizaron un funeral "in memoriam" destes dous estadistas, repartindo esta estampiña que hoxe publicamos, e que con faltas de ortografía incluidas, como por exemplo "Mussoline", convocan á veciñanza a asistir ó funeral. 
Penso que temos que ser obxectivos, e aínda que isto hoxe en día a moitos lles corroa a figadeira, debemos de  pensar nas circunstancias que se vivían en España naquel momento.
Ó fin e á postre, sempre se nos ensinou na escola que: "Todos somos hijos de Dios".







2 comentarios:

  1. Bueno, Julio.De Dios de Dios, tanto como hijos de Dios eses dos no eran. Para encontrar a su "padre" putativo (como soìa decirse) haberia que buscar un pouco màis "abaixo". Xa me entendes .... Pero si que è unha "xoia" este "documento". ¡Madre mia!
    unha aperta
    PepeLui

    ResponderEliminar
  2. isto soio pasa en Ribadavia,

    ResponderEliminar