Este é o cartel anunciador da decimosegunda Feira do Viño do Ribeiro, celebrada no ano 1975. E para servos sinceiros, terei que dicir que isto que vedes non é en si o cartel, senón un adhesivo de mediano tamaño que eu, naqueles tempos do instituto, aproveitei para forrar un libro. Esa é a causa, de que pareza un pouco roñoso, a pesares dos esforzos que fixen para limpalo, incluso dixitalmente.
O libro coma podedes imaxinar debeu de levar moita tralla, e estaba bastante escangallado, polo que ni o escaneei, saqueille unha foto e vía. Era o das Matemáticas de 5º Curso do Bacharelato. O da trigonometría e os logarítmos, sen calculadora, por suposto, polo que podedes imaxinar como estaba.
Pero a lo menos serve para engrosar, ós poucos eso si, a pequena lista de carteis das nosas festas.
Fermoso cartel. Mágoa de non seren de novo na primavera. A quén se lle ocurriu semellante idea de trocar as datas ata o verán?
ResponderEliminarOnde está o respeto á istoria da feira, do viño e dos viticultores.
Penso que é unha maneira de globalizar a festa
Este ano a Feira do Viño, volve a ser na primavera.
ResponderEliminarE unha magoa que so estamos preocupados das feiras e das festas niste pobo, cando esta a morrer lenta e progresivamente polos feitos dos gobernantes ineptos que tuvo a nosa vila, non quero que chegue o dia que poña no cartel da entrada a Ribadavia que esta vila quedou erma.
ResponderEliminarEfcectivamente o pobo medra con dia a dia e non coas festas. Os gobernantes ineptos son os que tivo somentes; e o que ten agora non?
ResponderEliminarHai tempo que non hai un alcalde que coñeza ao pobo, que o entenda, que o queira e que teña ledicia por velo medrar.
Por iso hai que recuperar a imaxen do Javier de Quines, que no de Burgos.
Dixen.
A IMAXEN COMO DIS, TEN QUE SER DUNHA PERSOA INTEGRA, HONRADA, SEN INTERES PERSOAL NO ECONOMICO NIN NO RESTO DAS COUSAS QUE O CARGO LEVA IMPLICITO. TODOS OS GOBERNANTES DA NOSA VILA NON FORON BOS PRA ELA, E CANDO DIGO TODOS, ISTE TAMEN. PERO QUERO DICIR QUE E DIFICIL CONTENTAR A TODA A XENTE DA NOSA RIBADAVIA.
ResponderEliminar