Non sei se vos fixastes, pero unha das fotos que hai na contraportada do folleto das festas do ano 1948 que publicamos o venres é moi interesante. O interés ven dado pola dificultade que para min ten distinguir con claridade a parte da vila que está representada na imaxe.
Tomeime a liberdade de ampliala ó máximo, tratando de evitar o punteado da impresión, para ter así, unha mellor uniformidade da foto. Aínda que non conseguín grandes resultados, penso que axudará a que a identifiquedes.
Sei que moitos ollos ven máis que dous, pero polo de pronto eu vos dou a miña impresión, e vós xa me iredes dicindo.
De entrada , me dá que poidera ser a antiga represa que había nos "Caneiros", na "Alaxanacha", que aparece totalmende despoboada de árbores. Se fose así, a foto estaría sacada dende "A Foz", e o que se ve ó fondo, onde se albisca unha casa, sería a parte de abaixo do camiño que descende á Barca.O que pasa é que quizás tería que haber máis desnivel, e como non estou seguro, penso que outra posibilidade sería situala na desembocadura do Avia co Miño.
De todas formas, como sigo dubidando e estou bastante descolocado, esperarei ás vosas opinións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario