domingo, 4 de octubre de 2009

La fuerza de su calidad ....

Moi boas fotos, estas que me envía Óscar Escudero, ó que lle agradezo moito a súa deferencia. Na traseira teñen anotada unha data, 2 de Maio de 1966, polo que con seguridade foron sacadas o último día da III Feira do Viño do Ribeiro no estand de Vinos Freijido.
Me conta Óscar que entre as dúas poderiamos tratar de completar ese "slogan" que aparece detrás dos protagonistas, xusto na parede da instalación. Eu non sei que diredes vós, pero a min paréceme que dí algo así como: "Vinos Freijido. La fuerza de su calidad hace que nos elevemos sobre todos los demas"
Na primeira foto vemos a José Puga, Filiberto Soto, Benito Escudero e Manuel Castro.

E na segunda o grupo amplíase, e aparte dos xa citados anteriormente, tamén aparecen José Luís García Casasnovas axeonllado, Manolo Domínguez, Manuel, Antonio y Jesús Freijido.

Grazas de novo a Óscar, xa que pouco a pouco cós vosos aportes e colaboracións imos aumentando e podemos ir documentando a recente historia de Ribadavia.




sábado, 3 de octubre de 2009

Ribadavia por Conde Corbal 19

O castelo de Ribadavia onde fixemos moitas trasnadas. No seu interior pasou de todo, dende agocharnos para darlle as primeiras caladas a un pito, ata ver a Julio Iglesias ou a Karina.
¡Moito xogamos ahí dentro!.., e cando estaba pechado e non nós deixaban xogar, saltabamos o muro, e incluso chegamos a reventar o candado da porta dos Escobetes cunha cizalla que nos prestaba o Alfredo, o das bicis . Mentres uns se apostaban na Praza Maior controlando que non aparecera o Ricardo o Cabo dos municipais, outros a cortar o candado, e rapidamente a devolverlle a cizalla ó Alfredo, así desaparecía a proba do delito. E a xogar.
Pero coma tódalas cousas boas, eso só duraba un ratiño, xa que sempre ó pouco tempo aparecía o Ricardo pola porta, e non quedaba outra que liscar a toda presa, e incluso nalgunha apurada ter que baixar polos muros que daban á Porta Nova ou o Calvo.
A que se lle conte hoxe que naqueles tempos cando un balón caía fora do recinto, sempre había algún rapaz que baixaba e subía escalando pola muralla para buscar o balón e non ter que dar a volta, non o cre.
E a piscina... Cantas horas ó sol coma lagartos nas toallas derriba do teito do bar. Era o mellor sitio. Onde se estaba máis quentiño.


viernes, 2 de octubre de 2009

O Avia

Si algo lembro con verdadeira importancia de tódolos momentos que de pequeno pasei na vila son a cantidade de tardes de "golfería" que botei na Veronza, nos Caneiros, na Alaxancha, no Maquiáns, nos montes de Santa Marta, da Franqueiran, etc. E quizás os meus mellores recordos de infancia teñan que ver có río Avia.
Fai pouco recibín novas a través da Rede de que dende fai ben tempo o Avia ven moi seco, o seu caudal é moi escaso, e que eso non é o máis aconsellable para a súa saúde. As noticias veñen dende a Asociación "Coto do Frade".
Eu non vivo na vila e non vós teño infomación de primeira man, pero vós deixo aquí un enlace á súa web, que podedes consultar premendo aquí.
Penso que un dos patrimonios máis valiosos que ten Ribadavia, e a súa excepcional situación na confluencia do Avia e o Miño, e agora mesmo esa situación estase a desaproveitar. Xa en entradas anteriores falei do mal cuidadas que estan as súas marxes e o pouco caso que se lle fai ó río.
Hoxe poño unha foto que non dei se é da Veronza ou dos Caneiros. Supoño que esta feita nalgún verán, e ilustra o caudal estival que tiña o río a mediados da década dos cincoenta. Noutras entradas anteriores tamén puxen fotos dalgunha enchenta histórica.
As crecidas anuais do Avia arrasaban coa vexetación da ribeira, e como dicía meu avó " o que é do río, é do río", en referencia a algunhas cheas que fixeron moito dano nas partes baixas da vila. Pero antes non existian os encoros. E penso eu que os embalses hoxe, amén da, chamémoslle escasa producción eléctrica, teñen o deber de deixar que o río faga a súa vida. E esa tería que ser a súa principal premisa.
Para animárvos, o outro día curioseando, atopei este artigo publicado en 1927 en "El Heraldo Gallego", que penso que reflexa os primeiros coidados que o Concello lle debeu dar á Veronza, e que vós transcribo integramente:
"En las márgenes del río Avia, aguas arriba, en el sitio denominado "La Veronza" existe un terreno baldío de superficie llana y encrespada que al caer la tarde, durante los veranos, varios elementos jóvenes de la buena sociedad ribadaviense convierten en animada playa, sirviendoles de alegre esparcimiento.
Ahora bien; este hermoso campo, carece de arbolado adecuado que tanto pudiera hacer resaltar los encantos de la belleza y poesía que naturalmente y por su topografía encierra, no obstante hallarnos en plena era de resurgimiento forestal que mucho se encarece la utilidad del árbol y la obligación que tienen los ayuntamientos según la R. O. de 20 de Abril de 1924, de la plantación mínima de cien árboles."

jueves, 1 de octubre de 2009

O cadro misterioso 2

Aquí xa non está o cadro en custión, pedíronme que retirase a foto, e eu xentilmente a retiro.
Podedes ver a foto nun dos libros que publicou o Museo, nun dos "Albumes para o reencontro".
A foto está feita en algún estudio descoñecido e de por si chama moito a atención polo universo infantil que rodea a nena, e pola colocación tan detallista ó seu redor de toda esa chea de xoguetes, pero a min o que me chocou foi o cadro.
Cando no Museo D. Cesar Llana me ensinou a foto e me dixo quen era a nena, as miñas sospeitas tomaron máis forza. Como tamén teño que eliminar os nomes da nena da foto, só vós conto que ela e a súa familia vivían xusto ó lado da Ponte de San Francisco, na única baixada que había ó río, e a moi escasos metros de onde se debía sentar o pintor Beruete para facer os seus bocetos.
Beruete supoño eu, debeu de pasar en Ribadavia algúns días, xa que estes cadros non se fan dun día para outro. Sabemos que "A las orillas del Avia" é de gran formato (mide 2 m.) polo que debeu de facerse en estudio sobre apuntes ou bocetos tomados do natural. Pode ser que este fose un deses bocetos, pero polo que podemos apreciar ten un bó nivel de acabado o que requeriría varias xornadas de traballo.
A foto o Museo a ten datada en 1899, . Se eso fora certo este cadro estaría en máns dalguén da vila, xa que a visita de Beruete á nosa vila foi sobre o ano 1883. Tamén pode ser que esté mal datada a foto, e dicir que sexa anterior, e o cadro marchase para Madrid nas maletas de D. Aureliano.
Supoño, e non é imaxinar moito, que nesas xornadas de calores estivais que Beruete adicou a pintar en Ribadavia, debeu de facer amizade cós parentes da rapaza, que vivían ó lado de onde el pintaba.
Agora só nós queda resolver o misterio. ¿Onde está ese cadro? ¿Segue na nosa vila, ou simplemente foi prestado para facer a foto coma un recordo dunha bonita amizade?
Xa vós podedes poñer a traballar, penso que merece a pena investigar un pouco.


miércoles, 30 de septiembre de 2009

O cadro misterioso 1

Hai un tempo puxen unha foto deste cadro que tedes ahí abaixo. É o chamado "A las orillas del Avia" de Aureliano Beruete, propiedade na actualidade da colección Gestenmaier.
Parece ser, como vós dixen nunha entrada anteriorque podedes buscar neste blog, que Beruete andivo pola nosa vila a principios da década de 1880, e non só por aquí, senón tamén por Vigo onde pintou algún cadro, e por Sada onde se hospedou coa súa muller nun pazo.
Ó que ía. Este cadro descoñecido para a inmensa maioría dos nosos veciños, deu moito xogo nun foro de internet que temos os ex-alumnos e ex-profesores do Instituto de Ribadavia, englobado na asociación cultural Exaprin. As conclusións ás que chegamos despois de moitas voltas podennos servir para poñernos en antecedentes.
Podedes ler un resumo de tódolos aportes premendo aquí neste enlace.
Penso que ahí quedou bastante claro que é o que aparece pintado no cadro, e cal é o punto de vista dende o cal o pintou Beruete.
O cadro é este, e deseguro que moitos de vós xa o coñecedes, pero hoxe polas necesidades do meu guión vouno poñer en branco e negro.


Tempo despois mirando unha publicación sobre a vila decateime da presenza de estoutro cadro nunha foto, xusto o que vós poño debaixo destas liñas.

Fun ó Museo e soliciteina para podela estudiar con calma. Xa cunha boa ampliación, deime de conta de que o que representa ese cadro é tamén a nosa vila, pintada dende o mesmo punto de vista do cadro anterior, pero representando o Avia augas abaixo, xusto centrándose na curva que fai o río na presa que hoxe non existe, e da que vós puxen unha postal onte, e no casco urbán de Ribadavia na parte de extramuros que dá a esa zona.

Recoñezo que a foto do cadro é moi deficiente, xa que é unha ampliación da foto que me cedeu o Museo, pero penso que aínda así podémonos dar conta de que a factura, o tratamento da luz, o manexo das formas, tanto nas árbores como nas casas son moi similares nos dous cadros. E como pasaba no anterior, o autor manexa a realidade o seu antollo segundo as necesidades compositivas que require o equilibrio da escea.

Eu non teño dúbidas de que o que se representa ahí é Ribadavia, e varias persoas coas que consultei coinciden no mesmo. Os dous cadros case con total seguridade están feitos polas mesmas mans. É dicir, que este cadro, hoxe descoñecido, podería ser de Aureliano Beruete.

¿Que vós parece? Espero as vosas opinións, e mañán desvelo en que foto aparece este novo cadro, e quen aparece ó seu lado.

martes, 29 de septiembre de 2009

Fixádevos ben

Esta é unha postal feita por D. Emilio Canda a principios do S XX. Del xa vós falei en outras entradas, pero hoxe quero que vós fixedes ben na fisonomía que tiña o Avia naqueles tempos, cara a principios do século pasado. A ponte de San Francisco como podedes ver está no mesmo sitio, aínda que non sei se sabedes que no ano 1906 sufriu unha remodelación consistente en ensanchar a calzada, e que custou daquela a nada despreciable suma de 17.000 pesetas. As obras levounas a cabo o constructor D. Juan Puente y Zamora.
Como dentro de pouco me vou a meter onde non me chaman, quero que gardedes ben na vosa memoria esta imaxe do río. Quizás moitos de vós non sabiades que existía ahí esa presa cun muíño. Non sei como estará eso agora, pero nos anos setenta, os muros do muíño que aínda quedaban, eran unha boa postura para a pesca. O que xa non existía era a presa. Eu xa non a recordo, nin tampouco lembro o nome do muíño se é que o tiña. Pero insisto, non perdades detalle, tedes que imaxinar a vila e o Avia así, será necesario para entender as próximas entradas.
Teño que voltar a darlle as grazas ó Museo da vila por cederme tan amablemente estas fotos.



lunes, 28 de septiembre de 2009

¿Quen son?

Esta foto que sacou Foto Chao é un gran misterio. Póñoa hoxe para ver se somos quen entre todos de coñecer a algunha persoa das que sae na foto.
Segundo me comenta D. César Llana esta é unha boda de moita importancia. Primeiro porque a noiva vai de branco, e daquela, antes da guerra, moi poucas se casaban así. E o segundo, é que á esquerda aparece parte da dianteira dun automóbil. Nesta foto non se aprecia, pero noutras que están no museo vese claramente que é un Hispano Suiza. E a pregunta cae polo seu propio peso:¿Quen tiña un Hispano Suiza por este lares?.
Estamos perdidos. Tamen pode ser que esta voda non se celebrase na vila, e si nalgún pobo próximo, a donde se desplazou o fotógrafo.
Facede o favor, e ensinádelle a foto ós vosos maiores, a ver se eles son quen de proporcionarnos algunha información.

domingo, 27 de septiembre de 2009

A prensada do bagaño

Era quizás o que nos faltaba por ver no tema das vendimas. E aquí o tedes. Eu non recoñezo a ninguén, nin sei onde foi sacada esta foto, pero ó mellor vós si.
O único que sei dela é que foi feita a finais dos anos sesenta por encargo do meu pai, ó igual que as outras, e aparece nela un bó equipo de traballo, xa que esta tarefa non e doada.
Moi poucos particulares tiñan prensas nas súas adegas, polo que non lles quedaba outra que a contrata dunha prensa itinerante. Os donos destas ían ofertando os seus servicios pola vila e as aldeas a cambio dunha retribución económica. Quedabas un día, e eles aparecían coa prensa nun carro de bois, a instalaban na rúa dediante da túa adega, e veña, a meter o bagaño nela en barcaletas e a sacar o mosto e metelo en pipotes.
Como supoño que xa sabedes os que seguides o blog, polo menos fai trinta anos que eu non vexo unha prensa traballando, pero pódovos asegurar que teño metido na cabeza aquel ruido metálico que facían as pezas ó irlle dando á panca, pouco a pouco, sen pausa pero sen presas, coma ten que ser.
E que queredes que vós conte do momento en que comenzaba a correr o viño pola canaleta. Todos se poñen en movemento, non da tempo a encher as vasixas unha tras outra, e eu que aínda era un neno e andaba a estorbar polo medio o único que facía é meter os dedos no mosto e levalos á boca.
Cando anos despois vin funcionando as prensas industriais das grandes adegas, o engado desapareceu. Xa todo era distinto.


sábado, 26 de septiembre de 2009

Ribadavia por Conde Corbal 18

Esta é a rúa dos Fornos, e se hoxe, nesta semana das vendimas, aparece no blog por algunha razón será.
Ahí, ó final das escaleiras, era onde meu avó tiña unha pequena adega, ahí facía o seu viño, e inclusive o vendía. Tódolos anos puña na porta un mesa cunhas xarras e durante un par de semanas coma en calqueira furancho, fose por cuartillos ou por litros ,íase desfacendo dos seus excedentes.
Ahí foi onde eu tiven os primeiros contactos coas vendimas. Lembro ver chegar as uvas en carros de bois, e sentir medo ó pasar ó seu lado nuha rúa tan estreita. Anos máis tarde foron chegando en carrocetas.
Ahí é donde eu pisei as miñas primeiras uvas, a modo de xogo, nunha barcaleta, e onde lle din por primeira vez a unha prensa.
Supoño que ahí tamen foi onde lle mandei a primeira fecha.
Que queredes que vós conte....
Ahí é onde eu pasei a miña infancia.



viernes, 25 de septiembre de 2009

A vendima na Cooperativa 2

Aquí era onde traballabamos a maioría dos eventuais contratados para a vendima. Eu sempre traballei na toma do grao dos mostos, exceptuando as últimas dúas campañas nas que traballei de axudante do enólogo.
Xa pasaron trinta anos, pero recordo ben a Emilio o enólogo, era un valenciano pequeno e moi amable que casara en Francelos, e eu axudáballe a tomar as mostras e as temperaturas dos mostos que estaban a fermentar, e logo no laboratorio a calcular a acidez e limpar tódala cacharreria propia dun sitio así. Incluso lembro que un ano, baixo a súa dirección fixen moitisimas microvinificacións de castes autóctonas de distintas localizacións. Disfrutei e aprendín moito alí, no laboratorio con Emilio.
Este traballo era máis entretido que estar a tomar o grao nas tolvas, que foi o primeiro que fixen. Na tolva había que estar vestido con funda e botas para subirse ós camións, escoller cunha pala e un capazo uvas variadas de entre toda a carga, pelexando sempre cós paisanos que se queixaban de que lles collías as máis verdes, e logo trituralas e medirlle o grao nunha probeta cun mostímetro.
Eramos polo menos unha ducia de rapaces que traballabamos de sete da mañán ata as doce da noite, e o peor eran os sábados, xa que todo o mundo aproveitaba este día, e o domingo, para vendimar, có que chegabamos á casa tódalas noites esfolados.
Seica daquela a Cooperativa tiña unha contrata con algúns transportistas para facer os portes das uvas, e un deles có que eu me levaba moi ben era o Argimiro. Recordo que ás veces me deixaba conducir o camión na explanada, e explicábame como facer o doble embrague. Portábase moi ben connosco, e case tódolos días nós traía de volta á vila, todos subidos na caixa do seu "Pegaso" cantando cancións. Ó chegarmos ó Kopa Club, o Argimiro ralentizaba a velocidade e alí todos saltabamos do camión en marcha.
Outras veces nos traía o pai dos Arca de Francelos, tamen na caixa do seu camión, non me lembro da marca ( podería ser Barreiros) pero si da súa cor, un azul intenso. Santiago, o seu fillo era sempre o encargado da báscula. Pesaba os camións ó entraren e o sairen, e logo restaba e anotaba o peso das uvas. Non se trabucaba nunca. Pódovos asegurar que sempre se lle deron moi ben as matemáticas.





jueves, 24 de septiembre de 2009

A vendima na Cooperativa 1

Esta foto debe de ser dos primeiros anos desta adega, e non creo que se vexan hoxe carros de bois transportando as uvas. Fixádevos que como o carro non ten volquete había que descargalas na tolva a base de pala, como fai ese señor que está subido ó carro.
Eu traballei algúns anos aquí na Cooperativa, cando era estudiante, e teño moi gratos recordos de toda a súa plantilla.
Xa pasaron moitos anos, e os nomes deles perdense na memoria, pero non quero rematar esto sen citar a dous dos que me lembro especialmente. Un era o xefe de mantemento, o mecánico. Sei que vivía en San Andrés, e viñera da Siemens de Alemania, era baixo e con gafas. Era un fenómeno, reparabao todo e incluso inventaba ou desenvolvía aparellos novos có fin de facilitar o traballo. O outro era o que levaba as prensas nas vendimas, era de Sampaio, alto e tiña un certo aire a Clint Eastwood, ou así o recordo eu.

Con ambolos dous pasei moitas horas. Axudáronme e aprendín moito. Quero mandarlles dende aquí unha forte aperta.


miércoles, 23 de septiembre de 2009

Os pisóns 2

Como vedes sigo cós pisóns das uvas. Este que sae na foto as pisa descalzo, e se vós fixastes na foto de onte o rapaz levaba unhas botas de goma que daquela se lle chamaban "Katiuskas".
Eu cando pisaba uvas era un rapaz e sempre dubidaba moito entre facelo descalzo ou con botas, e a razón era que as botas que te daban non eran do teu número, case sempre eran máis grandes, e o traballo era doble, xa que moitas veces a bota quedaba afundida entre as uvas da muega e cando intentabas levantar a perna só subía o pé decalzo, polo que ás veces fartábame e seguía a traballar descalzo.
Pisar as uvas descalzo tamén tiña os seus problemas, sobre todo coas uvas tintas. Quedábache a perna pintada durante unha semana e por moito que a fregases sempre a vías mourada.
Outra das cousas das que me lembro é da famosa frase de "Dalle galla".( Se a pronunciades con gheada soa mellor, "ghaia", ó igual que "muegha").
Supoño que todos sabedes que unha galla é un pau rematado en dúas ou tres polas curtas a modo de garfo. As que eu coñecía eran de acacia, e se usaban para repartir mellor o bagaño das uvas tintas dentro da cuba, xa que ó ir todo para dentro se formaba unha especie de montaña na cuba que había que desfacer para que entrasen máis. Así que cando a cuba se empezaba a encher, non só había que pisar as uvas senón que repartilas ben dentro da cuba coa galla.


martes, 22 de septiembre de 2009

Os pisóns 1

Aquí temos a un pisón, que era como se lle chamaba ós rapaces que pisaban as uvas.
Como podedes ver este tíñao complicado, xa que a altura do teito non lle daba para poñerse de pé. Para evitar esto moitas adegas tiñan unha trampilla que comunicaba esta coa planta superior, xusto no lugar en que se ubicaba a cuba coa muega. Abríase só cando as vendimas para facilitar o pisado das uvas, e facer máis levadeira esta tediosa tarefa.
Supoño que moitos de vós seguro que fixestes esto máis veces ca min e lembrades a enerxía coa que comenzabades, e o cansancio que pouco a pouco vós ía invadindo as pernas, sobre todo cando o xefe dicía aquelo de "dalle outra volta rapaz"ou "pisa naquel lado que por ahí non lle deches" e ti xa non eras quen de levantar os pés.
En fín, supoño que agora todo o mundo usa trituradoras eléctricas, e esceas coma estas xa non se ven.


lunes, 21 de septiembre de 2009

Culeiros na Barca

Esta semana, se non xurde nada novo vouna a adicar as labores das vendimas. Pensemos que o viño é o motor económico da nosa bisbarra, e que todos os que ollamos estas páxinas tivemos algo que ver con el, aínda que sexa só a hora de beber os nosos caldos, que por certo cada ano que pasa son moito mellores.
Esta foto supoño que está sacada nunha finca que hai xusto en baixo da vía férrea na Barca. Penso que uns anos despois de que se sacaran estas fotos a mercara D. Enrique Pumar, médico da vila, que non sei si segue a ser o seu actual propietario.
Ilustra o que xa vós contei en outras ocasións a labor da saca das uvas da viña. Neste caso esta tarefa é doada pola topografía e as boas comunicacións desta viña, nembargantes, estas operacións ás veces tórnanse complicadas cando as viñas ocupan xocalcos escarpados e os carrexóns para chegar ós carros que están nos camiños, teñen que facer case de alpinistas ascendendo por muros imposibles.



domingo, 20 de septiembre de 2009

Comezan as vendimas

O outro día falaba de que xa estaba todo listo para as vendimas, pois hoxe poño esta foto das mulleres en plena faena entre as gavias. Como podedes ver, e de seguro xa sabedes, non é un traballo doado. Hai que andar moitas veces de xeonllos e ó final do día acabas derreado.
Lembro que cando xa tivemos idade para traballar, alá polos dezaseis ou dezaoito anos, buscabamos traballo de vendimotes, e algunhas veces de carrexóns, xa que pagaban máis.
Teño un recordo moi especial da "Figueiriña", que é unha viña na que traballamos algún ano uns cantos amigos, grazas á a D. Tirso Casasnovas que era o seu administrador.
A "Figueiriña está situada ó final da recta das Chabolas, arriba á esquerda, en Sanín. Era unha gran viña con adega incluida, e seica era de alguén de Madrid. O capataz que a levaba era un señor da Reza na Arnoia, é e unha pena que non me lembre do seu nome xa que teño un gran recordo del. Cando íamos de carrexóns había que levar a uva en culeiros, e ás veces co peso e a suor os molidos ían esbarando pola frente ata taparnos ollos, e el ría a cachon cando chegabamos á adega case as apalpadelas sen apenas visión, e lle pediamos por favor que nos botase unha man. Eran tempos... Recordo que unha vez para almorzar, xa non sei en que viña, o dono nós deu augardente e galletas surtidas Cuétara, fumos todo o día polo aire.
Bueno, que o tempo acompañe e que a colleita sea boa.


sábado, 19 de septiembre de 2009

Ribadavia por Conde Corbal 17

Esta é unha praza que hai ó final, abaixo, da rúa de Santiago, da cal agora mesmo non sei o seu nome. O punto de vista dende onde está feito o gravado é ese e alí ó fondo podemos ver o final da rúa de San Martiño.
Esta imaxe non sei por que faime recordar ó Leopoldo que era un garda municipal que tiña unha inmensa paciencia con todos nós cando eramos pequerrechos, e xa non tanto. Penso que a súa muller tiña unha tenda xusto ó final dos soportais da esquerda.
Como vós ía contando Leopoldo sempre se puña da nosa parte cando había conflicto co Ricardo , o cabo dos municipais, o seu xefe. El calaba e facíanos calar a nós diante do Ricardo, escoitabamos todos con atención a voz da autoridade, e cando xa estaba todo claro, e o cabo desaparecía, el nós dicia: "agora rapaces facede o que queirades".
Tiña tamén un grande sentido do humor e sempre nós andaba a contar chistes e adiviñas, que nunca eramos capaces de adiviñar.
Era unha gran persoa.
Na esquina oposta á tenda da muller do Leopoldo había outra, ¿Podería ser a da Contempla? Non sei si estaba alí xa que logo mudou para a fonte de dous caños. Era a abastecedora de fogetes e petardos de tódolos rapaces da vila.

viernes, 18 de septiembre de 2009

Todo listo

Todo está preparado para o comenzo das vendimas, ahi están xa os moñicos ó final das gavias á espera de encherse de uvas.
Non sei onde se sacou esta foto, pero tanto me ten, pode ser unha viña calqueira do Ribeiro, como as dos meus avós, onde fixen as miñas primeiras vendimas, tanto na "Brinca" na Franqueirán , como na "Gandarela" frente ó Xestal. Máis que vendimar o que facía era estragar os racimos e comer as uvas, e ó final como non traballaba sempre me puñan a recoller os vagos que caían ó chan, e me repetían a mesma cantinela: " cos vagos faise un pipote de viño". A verdade que eu daquela era moi cativo, e andaba máis pendente de que non me picasen as abellas que andan ó redor das uvas, que en traballar. Era un xogo ós ollos dun neno.




jueves, 17 de septiembre de 2009

D. José Mª Castroviejo na vila

Esta foto é moi especial para min, e vai adicada a Andrés, un dos fieis seguidores deste blog, e que a estas horas xa estará de volta nos Estados Unidos. Fai uns días que falamos e dixenlle que tiña algunha foto do seu avó, pronunciando unha conferencia no Instituto, e el non o cría. Pois aquí está a proba. Vai por ti Andrés.
Esta foto fíxose no antigo Instituto, cando este aínda estaba na rúa de San Martiño, no actual Museo Etnolóxico de Ribadavia, no curso 1955-56, e nela vemos de esquerda á dereita, ó conferenciante, D. José Mª Castroviejo que pronunciou unha amena conferencia titulada "Irlanda 1955", Dna. María Pérez López "Maru" que era a profesora de Historia, D. Manuel González Dieguez, profesor de Matemáticas, e a D. Manuel López Grién profesor de Química e Director do centro naqueles anos.
Por se alguén non ten moi claro quen foi D. José Mª Castroviejo, deixovos aquí un par de enlaces nós que podedes premer para saber un pouco máis da vida e da obra de D. José María:
Enlace a Wikipedia e outro a Moaña. servidores.net.


miércoles, 16 de septiembre de 2009

Outra vez o certame de orfeóns de 1927

Tedes que perdoar, pero as presas son malas compañeiras, e na entrada que fixen hai uns días sobre a foto do Orfeón da Arnoia esquencín dicirvos cales eran as bases do concurso, a peza de obligada interpretación e os premios.
Para subsanar este erro poño hoxe un recorte do xornal independente de Pontevedra "Progreso" do sábado 6 de Agosto de 1927 no que se anuncia e se publican as bases do concurso da vila, e donde podedes leer todo.

Non sei que pasa ás veces que as fotos non se deixan ampliar e xa me pasou máis veces. Xa está todo arranxado, xa podedes leer esta entrada, e ver outras fotos coma Maquiáns e a da Banca Nogueira.
Pido disculpas, mais son problemas alleos a min. Que o disfrutedes
.


martes, 15 de septiembre de 2009

Maquiáns

Efectivamente, son os muiños de Maquiáns, pero sen a abondosa vexetación que os cubre agora. Como podedes ver, cós retoques dixitais a foto é máis nidia, e nela pódense apreciar as antigas construccións que alí había, e a orografía da zona.
Por certo, ¿é Maquías ou é Maquiáns?. Antigamente nos carteis da estrada puña en castelán "Maquianes", pero eu sempre oín á xente chamarlle Maquiáns, que é como lle chamo eu.
Moitas veces de neno subín ata eses muiños, pero pódovos xurar que polo menos fai uns trinta anos que non vou alá. Teño que voltar un día destes por alí e botarlle unha ollada.
Aínda me lembro, que alá polo principio dos anos 70, estaba algún en uso, e ás veces nos cruzabamos có dono do muiño, que un burro fariñeiro ó que meu avó lle chamaba o burro da "Cristala".
Sempre polas referencias que escoitei de cativo, á zona onde se atopan eses muiños se lle chamaba o "Monte de Chacoto,"e ás veigas que había na parte baixa na marxen dereita "A Cerradiña". Se algunha vez ides por alí xusto detrás do último muiño está "A Derrota"que é unha zona na que o Maquiáns vai soterrado baixo unha morea de penedos. É de moi difícil acceso, pero cando estas derriba das rochas, non ves o río, só oes o ruido que fai a auga. por debaixo delas. Seica este fenómeno débeuse a un desprendemento de rochas causado pola rotura dunha bolsa da auga. Se tendes folgos e queredes seguir ascendendo, a continuación atoparedes unhas pozas bastante estreitas e sombrías, que van a dar á parte de abaixo do lugar coñecido como "Laxe de Novoa" que é onde está a presa da traida de augas da vila, e de onde saía tamén a antiga "Levada" que hoxe en día está totalmente destrozada e perdida, pero ese é outro tema do que falaremos outro día.



lunes, 14 de septiembre de 2009

Outra adiviñanza

Eu teño a plena seguridade de onde están situadas estas construccións, pero non volo vou a dicir para que vós fagades un esforzo e me deixedes saborosos comentarios.
Xa sei que a foto non ten moi boa calidade, pero tedes que botar a imaxinación a voar.
Mañán se cadra vós poño a mesma foto, pero mellorada dixitalmente ,para os que coma min xa vaian perdendo facultades visuais.
Unha das cousas que me chama poderosamente a atención desta foto é a falta de árbores nesta zona, cousa que tamén me sorprendeu nunha foto que puxen anteriormente da Veronza, nunha entrada sobre un recibo de electricidade.
A foto é propiedade do Museo e pertence ó legado de Chucho Sánchez, e debe de ser moi antiga.

domingo, 13 de septiembre de 2009

Airiños d´Aldea

Se vós son sinceiro, cando estaba no Museo acompañado por D. César Llana que me estaba a ensinar fotos, intrigoume moitísimo esta foto, e non parei ata ter información de primeira man sobre ela.
Na descrición do Museo fálase do Orfeón da Arnoia, tamén chamado "Airiños do Arnoia" e "Airiños da nosa Terra" e que foi o gañador do certamen de Orfeóns da nosa vila no ano 1927, (pódese leer claramente na bandeira que gañaron). E a foto parece estar feita no adro da igrexa de Santa Rita na Arnoia.
Pescudando en xornais antigos obtiven información abondosa dese Certamen como por exemplo, que en algúns se lle chama Airiños d´Aldea e que a batuta a levaba D. Castor Cartelle.
O certame celebrose nun templete construido a tal efecto na praza de touros nas Festas do Portal dese ano, e o primeiro grupo en actuar foi o "Eco da Coruña" que parece ser que comenzou moi ben pero pouco a pouco foi desafinando ata que aquelo se convertiu nun desastre polo que foi descalificado. A súa sagunda interpretación xa fóra de concurso foi unha jota navarra.
A continuación tocoulle o turno ó Orfeón "Ourense nº 3" que actuou con grande sobriedade, resaltando o seu tenor D. Gonzalo Iglesias que estivo moi ben nos seus solos. De libre eleción interpretou "La voz del Mar" e acadou o segundo premio.
A terceira agrupación en actuar foi a da Arnoia que foi a máis afinada o que levantou clamorosos aplausos no respetable, o que fixo que o xurado tivese moita benevolencia en consideración a que se trataba de cantantes aldeanos (sic). Na obra libre de regalo o coro xa non estivo á mesma altura.
Por último subiu ó estrado a "Artística de Vigo" que aparte da obra de concurso interpretou "Os Mártires", pero como a interpretación non estivo á altura da súa fama o xurado deixouna sen premio.
Faltou a coral de Pontevedra que a pesares de estar inscrita non se presentou por problemas técnicos.
Esta foto sacouse ó día seguinte cando Airiños d´Aldea tivo que percorrer as rúas da Arnoia exhibindo a bandeira gañada no certame. Dende os balcóns engalanados a xente lles tiraba flores, e as mozas lle ofrecían ramos ó seu director, mentres se tiraban bombas de palenque para celebrar a victoria .


sábado, 12 de septiembre de 2009

Ribadavia por Conde Corbal 16

Esta e a fermosa igrexa románica de Sta. María da Oliveira, que a moitos turistas pásalle totalmente desapercibida debido á súa ubicación. Data de mediados do século XIII e pai Samuel Eiján dí que era o seu adro o único cimeterio ó aire libre da vila, xa que nas outras igresas só se podía dar terra no seu interior. Foi unha das parroquias da nosa vila, e é así como a desbuxa neste gravado Conde Corbal.

viernes, 11 de septiembre de 2009

Outro dos meus bisavós

Trátase de Pepe Martínez, penso que era natural de Sampaio, e tivo unha morea de fillas, entre elas miña avoa Carmen. Eu non o coñecín e esta é a única imaxe que conservo del. Non sei en que ano está sacada nin en donde. Chegou ás miñas mans así, como se a recortasen dunha foto máis grande.

jueves, 10 de septiembre de 2009

De troula no Club

Esta foto é espectacular, parece sacada dunha película dos irmáns Marxs, para min é a instantanea perfecta.
Pertence ó legado de Chucho Sánchez e está depositada no Museo, pero hoxe a poño aquí porque aparecen nela tres persoas das que teño grandes recordos.
O primeiro é Argimiro, que foi bedel do Club Artístico durante moitos anos, e que nos aturou un ano tras outro a moitos cativos que por alí pululabamos. Sempre amable e paciente, aínda que ás veces non lle quedaba outra que poñerse serio con nós. Andaba ó quite cando xogabamos ó xadrez e ó billar aportando ideas ou facendonos comentarios para mellorar o noso xogo.
Outro é José Conde, tamén xogador de billar, e gran pasteleiro. As visitas ó seu estabecemento non tiñan desperdicio, cando lembro aquelas "cristinas" de crema e xurovos que me entra a fame.
E por último, Braulio Soto. Braulio é punto e aparte. Gran amigo meu, co que pasei horas e horas, e co que aprendín moitísimas cousas que non se aprenden nin na escola nin nos libros. Amante da natureza, da caza, da pesca, dos cans, aturoume cando aínda era un neno durante moitas cazatas e moitos paseos, e se vós son sinceiro penso que nunca o vin enfadado.
Sei que andas un pouco renqueante Braulio, pero xa sabes amodiño e para adiante. Dende aquí te envío unha forte aperta.
E a vós xa o sabedes, espero os vosos comentarios para identificar os demais compoñentes desta fermosa foto.



miércoles, 9 de septiembre de 2009

Visita á Cooperativa

Eso que vedes ahí é a parte darriba dos orixinais tinos de fermentación que tiña a Cooperativa, e esa pasaxe con barandais que estan a atravesar serve para pasar duns ós outros ,sen ter que descender, xa que teñen unha altura considerable. Os coñezo ben xa que traballei alí unhas cantas vendimas, e tiña que recoller as mostras para levalas o laboratorio.
Pero ó que iamos, esta foto que me envia Mª josé Bouzas debe de estar feita nunha visita que fai o Gobernador Civil Sr. López Ramón ás obras da Cooperativa antes de que estas rematasen, coincidindo seguramente cunha inauguración dunha das Feiras do Viño, posiblemente a do ano 1967.

martes, 8 de septiembre de 2009

A banca Nogueira

Un dos edificios máis emblemáticos da vila é este da Banca Nogueira, que dispón dunha fachada feita en pedra labrada dun estilo ecléctico característico dos principios do século XX en moitas vilas e capitais de Galicia.
Non sei exactamente cando se comenzou a levantar esta construcción, nin baixo a dirección de que arquitecto, pero como podedes ver, nesta foto os traballos aínda ían polo primeiro piso. Espero os vosos comentarios, a ver se entre todos somos quen de poñerlle unha data a esta foto.
Coma sempre, teño que agradecerlle ó Museo Etnolóxico a cesión da foto, donada a esta institución por Pili Núñez.



lunes, 7 de septiembre de 2009

A praza Maior e o seu reloxio

Esta entrada, acompañada desta foto sacada do libro da editorial Ir Indo, e que xa citei en entradas anteriores, vouna aproveitar para darlle as grazas a unha persoa da que teño moi bós recordos. Supoño que si vós digo que de nenos todos os que viviamos nos arredores, da Praza Maior faciamos cola nas escaleiras do Xulgado a eso das nove da tardiña, algunha idea iredes tendo. E que se o motivo desas esperas tiñan relación có reloxio da torre do Concello, seguro que ides afinando máis.
Efectivamente trátase de Javier, o Ferreiro que tódolos días sen faltar ningún, lle dá corda o reloxio da praza.
De neno había pelexas para subir de primeiro por aquelas escaleiras de caracol, e Javier o día que vía que había moita espectación e estaba de boas, collía a folla dun xornal vello, plantáballe lume, e a deixaba cair polo oco das pesas có que se iluminaba todo o pozo facendo as delicias da rapazada alí congregada.
Moitos anos subín con el sobre todo nos meses de Outono e Primaveira. Con que cariño nos trataba a todos, e que paciencia tiña. ¡Home todo hai que dicilo! Se nós lle dabamos ó manubrio da corda, el aforraba un choio, mais tiña que aturar as pelexas e poñer orden nos rapaces. Eu a estas alturas xa non sei que sería mellor.
Anos despois cando xa eramos nós máis mozos, lle levabamos sempre as escopetas de balíns ó taller que tiña ó carón da Fonte da Prata para que nos tensara o muelle, e sempre se portaba con nós de maravilla.
Un saludo Javier, e grazas.

domingo, 6 de septiembre de 2009

O tío Benito

Esta é a foto de D. Benito Gallego Montero. Por si a alguén non lle soa, vós direi que foi o último Alcalde democrático da nosa vila antes da chegada da Dictadura de Franco. No ano 36 foi detido, e posteriormente no 37 executado. Lembraredes que fai pouco se lle fixo unha homenaxe en Ourense xunto con outros alcaldes represaliados da provincia.

Quizais a algún de vós o título desta entrada vós estrañe, pero ten a súa razón de ser. O tío Benito era o tío da avoa de Paula Bouzas. E Paula Bouzas é unha xoven e flamante Licenciada en Xornalismo, veciña nosa, que tivo a deferencia de enviarme un fermoso artigo sobre D. Benito Gallego. Nel podemos achegarnos á súa personalidade, e coñecer un pouco máis a historia da nosa vila.

Non volo perdades, leedeo con calma, é moi fermoso. Só tedes que pinchar aquí para velo ou descargalo en formato pdf.

Antes de rematar quero darlle as grazas a Paula por permitirme publicalo, e á súa tia Mª Jose por poñerme en contacto con ela. Grazas ás dúas.

sábado, 5 de septiembre de 2009

Ribadavia por Conde Corbal 15

Outra fermosa vista da nosa vila feita polo artista ourensán. Pero como eu teño grandes dúbidas da súa localización, espero que vós, cós vosos comentarios me digades exactamente que representa este gravado. ¿Onde está situado exactamente esto en Ribadavia?

viernes, 4 de septiembre de 2009

Preparando a vendima

Comenzou Setembro e achéganse as vendimas, a xente comenza a preparar as cousa nas adegas para que todo estea listo cando chegue o momento. Lávanse as cubas e prépáranse tódolos aparellos gardados dende o ano anterior. Nesta foto vemos unha muega, penso que se chama así, que é o recipiente que se utiliza para pisar as uvas. Lembro que o meu avó a lavaba e a deixaba varios días chea de auga para que inchase a madeira, e despois me parece que repasaba as fendas que tiña con unto para evitar que se perdese o mosto por elas. Supoño que hoxe en día coas trituradoras eléctricas ou mecánicas poucas destas quedarán, polo que esta imaxe xa pertence ó noso recente pasado.

jueves, 3 de septiembre de 2009

O accidente de Barcia

Hoxe poño dúas fotos dun accidente que ocurriu en Barcia no ano 32. Aínda que seguro que algún de vós xa as tiña visto penso que merece a pena velas de novo, xa que as acompaño da transcripción literal da noticia que dá do suceso o xornal " El Compostelano", e que aporta moita información que ata agora descoñeciamos, como a data exacta e os nomes dos falecidos.

Unha das fotos saqueina do libro RIBADAVIA editado por a Ed. Ir Indo, que a sitúa erroneamente no ano 20, e a outra do Museo Etnolóxico da nosa vila, a quen teño que dar dende aquí as máis expresivas grazas, especialmente a D. César Llana pola súa paciencia e amabilidade.


Na información que me deu o Museo sobre a foto dí que o camión era da marca " Saurer " e tiña a matrícula OR-333. Na foto aparece D. Victorino Adán Alonso que era daquela o Alguacil do Xulgado de Ribadavia.


A noticia publicada no xornal "EL COMPOSTELANO" de Santiago o Sábado 8 de Febreiro de 1932 dí textualmente así:


Muertos en un vuelco Orense.-A las seis de la mañana y en un punto denominado curvas de Barcia en la carretera de Villacastin a Vigo y a cuatro kilómetros de Ribadavia, un camión de transportes de pescados que habia salido de Vigo con dirección a Madrid a las dos de la madrugada al desembocar en una de esas curvas se precipitó por un terraplén de 30 metros de altura dando la vuelta de campana quedando empotrado sobre un peñasco de gran tamaño que se hallaba en la mitad del terraplén. Ocupaban el coche Miguel Filgueira, natural de Rivadavia, de 36 años; Aquilillo Fernández González de La Cañiza, de 37; Juan Amorín da Silva de 36 de nacionalidad portuguesa y el conductor Daniel Cortés Garcia de Lugo. El camión quedó completamente destrozado y muertos sus cuatro ocupantes. Las lecheras que pasaban esta madrugada por la carretera se dieron cuenta del accidente por que el faro del coche quedó encendido. Al lugar del suceso acudió el Juzgado de Ribadavia que instruyó las primeras diligencias. También acudió el Gobernador Civil. Los muertos fueron traslados al cementerio del pueblo de Quines, Ayuntamiento de Melón donde se les practicará la autopsia. El suceso ha causado general dolor en aquellos pueblos donde las victimas eran muy conocidas. El camión era propiedad de Martín Martínez, alias el Ruso que se dedicaba a transportar pescado de Vigo a Madrid.



miércoles, 2 de septiembre de 2009

Outro parente meu

Trátase de Emilio Pérez Fernández, que viña sendo tío de miña avoa Isaura, ou sexa irmán do seu pai que se chamaba Antonio. O que non sei é a cantidade de voltas que debeu de dar polas Américas xa que esta foto está feita por un fotógrafo chamado W. Kijowski en Braddock. PA.
Buscando un pouco na rede resulta que esta poboación está situada ó Leste da industriosa cidade de Pittsburgh en Pensilvania nos Estados Unidos. Non ten data ningunha, pero debe de ser dos anos vinte ou trinta.


martes, 1 de septiembre de 2009

O Avia Foot-Ball Club

Xa estamos de volta, espero que as vacacións vós sentasen ben e que polo menos desconectásedes un pouco da rutina do resto do ano.
Para comenzar esta nova temporada que casi que coincide co comenzo da Liga de Fútbol, poño hoxe este documento que chegou ás miñas mans en forma de fotocopia, polo que volvo a pedirvos disculpas pola calidade do mesmo, pero penso que é moi importante xa que se trata dun título de socio fundador da Sociedade Avia Foot-Ball Club, así en inglés, a favor de D. Argimiro Abraldes con fecha de 12 de Octubre de 1910.
Segundo o libro editado polo Museo Etnolóxico de Ribadavia "Albums para o reencontro Ribadavia e os Ribadavienses VI. O Deporte" a fundación deste clube oficializa a incorporación do sport á sociedade do Ribeiro, e a noticia da creación do Avia F.C. ven recollida tres días despois no Noticiero del Avia.
Por se no sodes quen de ver claramente as firmas, o Presidente é Andrés Pérez, o Secretario o Sr. Rodríguez ( o nome é ilexible), e o Tesoreiro Manuel Freijido.


viernes, 31 de julio de 2009

Voltamos en Setembro

Imos coller uns días, ou mellor dito, o mes completo de vacacións, así que vémonos o primeiro de Setembro.
Agora no mes de Agosto a xente anda fóra da súas casas e penso que o mellor é descansar un pouco e preparar ben o comenzo da nova tempada.
Teño preparadas historias e fotos moi interesantes que de seguro vós gustarán.
Moitas grazas pola vosa atención e ata Setembro.

jueves, 30 de julio de 2009

Ribadavia por Bustamante

Nunha das miñas búsquedas pola rede atopei esta imaxen da Porta Nova publicada nunha revista que se editou en Vigo alá polos anos corenta.
Concretamente esta publicación chamábase “Cartel” e este debuxo de A. Bustamante, esta feito no ano 1933, pero sae publicado o día 31 de Xaneiro do ano 46.
Segundo as miñas informacións trátase dunha revista de periodicidade quincenal dirixida por Julio Sigüenza, e que trataba de reflectir a vida galega en xeral. Tivo unha vida bastante curta xa que só se publicou nos anos 45 e 46.


miércoles, 29 de julio de 2009

O único centro de verdadeiras novedades

Xa vós pusen algunha entrada sobre un programa de man das Festas do Portal do ano 1911, pois hoxe poño un dos anuncios que máis me chamarón a atención, máis que nada polo vocabulario que emprega á hora de facer a descripción do xénero que ten á venta.
Trátase da tenda de Gerardo García Boente (Antiga casa de Garza). Eu polo que supoño é unha pañería, pero a ver se sodes quen algún de vós de describir ou de diferenciar hoxe , na era do “pret a porter”, toda esa ringlera de nomes de tecidos que aparecen neste anuncio.
Supoño que teríamos que acudir a un diccionario ou polo menos facerlle unha consulta ás nosas nais ou ás nosas avoas para que nolo explicasen.
Eu recoñezo a miña ignorancia e tiven que acudir a un diccionario.



martes, 28 de julio de 2009

A caravana da publicidade

Esta chea de furgonetas e coches pertencen a unha caravana publicitaria que anuncia a primeira ou a segunda Feira do Viño. No centro se vós fixades está Filiberto Soto tratando que todo estea a punto, os carteis, a megafonía etc.
Para min esta foto tamén ten unha pequena e cariñosa importancia, xa que penso que esa DKW cos altofalantes derriba da baca que vedes ahí en primeiro termo, é a do "Roquiño" que se non se trabuca a miña memoria era un taxista de Beade, que nos levou durante mitos anos por toda a provincia de Ourense a xogar os partidos de baloncesto. Xa non me lembro se tiña nove ou dez prazas, o que si é que era de cor verde mazán. Pero dá o mesmo o importante era o ben que se portaba con nós, e a paciencia que tiña.
Non sei se aínda vive o Roquiño, pero dende aquí envíolle unha forte aperta.
Como xa suporedes esta foto e propiedade de Mª José Bouzas.




lunes, 27 de julio de 2009

O libro da clase de Don Delfín

Eu entrei no grupo escolar procedente do colexio das monxas de San Domingos cuns sete anos e despois de pasaren uns días de “aclimatación” na clase de D. Delfín (supoño, xa que moi ben non me lembro) pasei á clase de 2º que daba D. Pepe, logo á de D. Pedro Toimil en 3º, e por último á de D. Delfín en 4º, e a todos eles os recordo con moito agarimo.
Eran os finais dos sesenta, e sempre nos recreos se facían grandes potas de leite en pó.
Pois ben, ó que ía. Fai pouco un bó amigo, Álvaro García, preguntaba que cal era o libriño de cartas que tiñamos que copiar durante todo o curso en clase de D. Delfín. El o describía coma unha colección de cartas que o autor enviaba a un amigo dende as distintas provincias españolas con moi diversas caligrafías e uns títulos en letra gótica rodeados de debuxos das provincias en cuestión.
Aquí vós deixo a páxina adicada á nosa provincia. O libro titúlase "Viajes por España" de Federico Torres, e xunto coa enciclopedia Álvarez era o que traballabamos durante todo o ano.


domingo, 26 de julio de 2009

A festa das Arnadas na Barca

Aproveito esta postal da colección de José Luís Escudero para ilustrar dúas noticias publicadas por "El Correo de Galicia" de Buenos Aires (Argentina) o día 14 de Xullo de 1929.
A primeira dí textualmente: " Petición de mano.- Para el apreciable joven D. Antonio González ha sido pedida la mano de la agraciada Srta. Ángeles Chao, fijándose la boda para fecha próxima.
Vaya por adelantado nuestra enhorabuena".
A segunda dí: " Organizada por D. Jesús González se celebró en el poético lugar de la Barca, la fiesta de Las Arnadas, amenizada por una sección de La Lira.
La gente joven asistió en gran número a la Barca dando pruebas de no hallarse rendida de la romería del Lodairo".
Non me queda outra que preguntar dende aquí ¿Sabe alguén algo, ou ten algunha idea de que era esta festa das Arnadas, e porque se celebraba? Espero os vosos comentarios.




sábado, 25 de julio de 2009

Ribadavia por Conde Corbal 14

Como hoxe e o día de Santiago e coincide en sábado, e o sábado é o día elexido por min para poñer os gravados de Conde Corbal, non me queda outra que poñer este no que se vé parte do ábside da nosa igrexa de Santiago.
Dicía Murguía dela que era a que máis sobresaía de tódalas da vila. E Meruéndano conta que no ano 1871 un dos párrocos sacou a imaxe do Apóstolo que hoxe se atopa no seu interior e colocouna no rosetón da fachada.
Unha das lembranzas que teño de cando eu era cativo é a do desgraciado accidente que tivo un dos canteiros que traballaba nas obras de restauración deste templo, non estou moi seguro, pero penso que morreu.




viernes, 24 de julio de 2009

Troitas no Miño

Facía ben tempo que non puña fotos de pesca. Hoxe traio unha que me envía Mª José Bouzas. Eu, que non vós sei nada de pesca, xa que polo menos a última vez que pesquei foi fai trinta anos, non son quen de saber si eso que sostén ese home é unha troita ou un salmón. Poño este título, que xa me ven dado na foto. Tampouco teño localizado nin o lugar onde foi feita a foto , nin quen é ese afortunado pescador. Espero que algún de vós sexa capaz de aportar algunha información.


jueves, 23 de julio de 2009

A granxa de Outeiro

Noutra das miñas pescudas por internet, tamén atopei esta artigo que vai acompañado de dúas fotos sobre esta propiedade situada por derriba do pobo de Francelos, e que leva o nome do río que vai xusto en baixo, e que logo desemboca no Miño.
Neste artigo publicado na revista viguesa "RAIG" o día 1 de Marzo do 1935 faise unha descripción dos viños que elaboraba a dita finca propiedade da familia Pereira Borrajo.
A revista mensual Raig editouse en Vigo nos anos 35 e 36 baixo a dirección dun alemán que tamén era o seu propietario, e que se chamaba Carlos Bock Bremer. Tiña como curiosidade a utilización de varias línguas, así leva artigos en inglés, alemán e portugués ademais de en castelán.
Espero que neste tamaño o poidades leer sen necesidade de subilo a ningún servidor noutro formato.

miércoles, 22 de julio de 2009

A rúa da Pescadería

Supoño que todos sabedes de que rúa se trata. É outra desas postais que me pasou José Luís Escudero, e das que xa vós puxen varias. O ano no que foi savada non o sei pero se mirades con atención veredes que hai instalacións eléctricas. É moi pintoresca pola vestimenta das persoas que nela aparecen.
Para os que aínda non se decataran de onde está sacada a foto, lles direi que un pouco máis adiante, á esquerda está a Fonte da Prata, e aquelas árbores que se ven ó fondo están na rúa Progreso e na beirarúa de enfrente á Banca Nogueira, que estaría situada ó final da foto á dereita.

martes, 21 de julio de 2009

O Entroido da Peña

Moitas veces falamos desa sociedade ribadaviense chamada "La Peña", e tamén en entradas anteriores vós falei de onde estaba situada, pois hoxe traio a estas páxinas un pequeno folleto que supoño sería unha invitación ou un pequeno anuncio das festas do Entroido do ano 1954.
Non sei en que ano desapareceu esta sociedade pero eu que nacín no ano sesenta, ben me lembro de asistir a algúnha que outra festa con baile que organizababan en sesións de tarde para os rapaces no seus salóns.



lunes, 20 de julio de 2009

Avoa e bisavoa

Nunha entrada anterior saía unha das miñas bisaboas chamada Celsa, e dixen que vós poría unha foto coa súa filla Isaura, que era a miña avoa. Pois ben aproveitando estes días de relax estival vola poño para que vexades o grande parecido que tiñan as dúas.
A foto sen marcas de ningún fotógrafo, e en bastante mal estado, lle calculo que estará feita nos primeiros anos da década dos vinte.



domingo, 19 de julio de 2009

Máis de vodas

Non vós preocupedes que non vós vou poñer fotos repetidas da mesma voda. Esta foto é doutra e concretamente da dos meus pais que casaron no ano 1959 , e está feita no Restaurante Alfonso, que é onde fixeron o convite.
O Alfonso que hoxe en día xa non existe, supoño que sabedes que estaba situado moi cerquiña do paso a nivel, facendo esquina coas vías no barrio de San Francisco. Non sei en que ano pechou, pero eu aínda me lembro de velo aberto a principios dos setenta, cunha pequena terraza na beirarúa.
Podemos ver de esquerda a dereita a Pepe que era un irmán da miña avoa Isaura e que viviu sempre en África, ós Srs. Escudero e a Purita a Sra. de Domínguez.



sábado, 18 de julio de 2009

Ribadavia por Conde Corbal 13

Outra visión ben distinta do barrio xudeo, dende un punto de vista diferente, dende a porta da Igrexa da Magdalena. Como eu nacín ahí, na rúa Merelles Caula ou tamén chamada hoxe da Xudería, que é a que se ve ó fondo, e que ascende cara á Praza Maior, lembro con grande cariño as xentes que vivían e traballaban aquí.
No sei se me esquecerei de alguén pero a tenda de ultramarinos da Amelia ten que ser a primeira, millóns de veces fun alí, ¡Mela esto, Mela estoutro ! etc. Enfrente vivía a Petronila e ó lado Celso e Esther que tiñan unha queixería, e a quen vexo moito por Vigo. Un pouco máis abaixo estaba o estanco do Chuco, que aínda segue no mesmo sitio, e xa facendo esquina coa rúa de San Martiño a tenda da Chucarela da que lembro que tiña sempre colgadas das paredes grandes follas de bacallao, e tripas secas para os chourizos, e nas portas caixas de sardiñas en salmoira que o meu avó mercaba para afumar.
Nas esquina oposta había outra tenda, a do Charo, e xusto enfrente un barbeiro de nome, Luís, pero antes, tempo atrás xusto enfrente do estanco houbera outro barbeiro, Pedro alcumado "O Mulo", e a xente ó pasar por diante da barbería berráballe ¡Pedro cambia o coio!.
Pedro era famoso por ter un coio dentro dun vaso con augardente, que utilizaba só nos casos especiais para rasurar as facianas máis enrugadas dos seus parroquianos. Metíalle a pedra na boca, e veña... primeiro dun lado e despois do outro, e así lles sacaba as enrugas e podía afeitalos mellor. O do augardente según dicía el era para iso da "desinfeucción".
O que non saberemos nunca e si usaba sempre o mesmo coio ou o cambiaba cada pouco como lle pedían os que lle berraban.




viernes, 17 de julio de 2009

A Rondalla do Instituto

Como estamos no verán e moita xente está de vacacións vou a aproveitar para poñer de vez en cando fotos que supoño eu xa son ben coñecidas por todos vós. Coma esta da Rondalla do Instituto de Ribadavia onde temos como director a D. Fidel Dávila situado de pé á dereita, que como vós dixen en entradas anteriores, non podía faltar, xa que era o gran impulsor da meirande parte destas iniciativas musicais.
Entre outros tamén recoñezo a Manolo o tío do Viñas, ó Chuco, a Paulino veciño de meu na vila e cunha faciana moi sonrinte, e a Julio Puentes, "O Ruso" que anos máis tarde formaría o conxunto musical "Os Cisnes" xunto con Venancio, Tati, Pascual, Manel e os desaparecidos Alemán e Muito.
A foto debe de ser dos anos sesenta e como podedes ver está sacada no salón de actos do Instituto.