miércoles, 1 de febrero de 2012

Ribero Fino

Isto é o que me atopei de casualidade o outro día dando unha volta pola rede, concretamente na páxina web gastronómica "Colineta.com" que fai o xornalista Miguel Vila Pernas.
Según  conta alí, esta postal tan curiosa lla enviou o seu irmán, que é un entusiasta da filatelia. A postal en cuestión esta remitida dende Ribadavia en Abril do ano 1925 a unha empresa de Sevilla solicitándolles termómetros e outros aparellos de medida relacionados coa enoloxía, tal coma podedes ler na súa páxina.
A tarxeta supoño que editada por José Uzal García de Vigo, que ten en exclusiva a representación deste viño, o anuncia como  "el rey de los vinos gallegos". Pero como podedes ver, leva un selo de Ribadavia, onde pódese ler claramente o nome de Miguel Ballesteros Casal.
Recoñezo que non sei nada desta marca, que anuncia brancos, tintos e tostados; nin se chegou  a embotellar algunha vez viño na nosa comarca. Pero o que máis me doe, é que  tampouco sei quen era o remitente,  Miguel Ballesteros, e si tiña na vila algún negocio relacionado co mundo do viño. 
Dalgún Ballesteros xa falamos aquí outras veces, e ó mellor algún de vós ten algunha información que nos poidera ilustrar neste tema.
O que si teño que destacar é o luxo e o coidado con que está  deseñada esta tarxeta,  rara quizás para a publicidade que se facía naquela época.
Non podo rematar esta entrada sen darlle as grazas a Miguel Vila por a súa amabilidade.



3 comentarios:

  1. Encantado de colaborar. A ver se hai sorte e aparecen datos sobre o viño.

    ResponderEliminar
  2. O nome do remitente é Miguel Ballesteros Casal, que era o propietario da adega Rio Miño.http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/01/12/0003_8959889.htm

    ResponderEliminar
  3. Como bien dice Floravia Miguel Ballesteros Casal es el nombre correcto del propietario que tenía su viña en la Puerta Nueva, donde en la actualidad reside su nieta.Saludos para Julio.

    ResponderEliminar