viernes, 15 de enero de 2010

Alfredo, Lage e...

Aínda que esta foto está un pouco borrosa, penso que serve de abondo para recoñecer que o xoven que está á esquerda dos tres non é outro que o Alfredo, o que tiña o taller das bicicletas cerca da Praza Maior, e o que está no medio é Manuel Lage, que tras pasar moitos anos en Venezuela, veu de volta, traballou na Cooperativa uns anos, antes de instalarse en Vigo, onde faleceu xa fai algún tempo. Do outro, do home que está á dereita non vós podo dicir nada, xa que non o coñezo.
A foto é propiedade de Mari Carmen López, que é a viúva de Lage, e a quen lle dou publicamente desde aquí as grazas pola amabilidade e a deferencia que tivo conmigo.
O outro día na Praza Maior saudei ó Alfredo, e a verdade é que está feito un rapaz, ía coa súa cuadrilla de viños. Non lle comentei nada desta foto, non era un momento apropiado, pero cando a vexo me lembro moito dos dous. Ós dous, a Manolo e a Alfredo, os coñecín e os tratei por circunstancias ben distintas, e o único que podo dicir deles son boas palabras, son desas persoas ás que se lle garda cariño. E mirade por onde non sabía que foran amigos de xuventude.



1 comentario:

  1. Xullo, estás seguro que o da esquerda é Alfredo, o das bicis?. Non estou segura, aínda que ten un aire.
    De todos os xeitos agradézoche que fales tan cariñosamente del.
    Intentarei que vexa esta foto e a ver se el acláranolo.
    Un saúdo, María(sobriña do Alfredo)

    ResponderEliminar