Esta foto traeme de cabeza, tenme descolocado. Evidentemente son os Reis Magos da vila, pero teño moitas dúbidas sobre quen son estes Reis.
Cada un terá a súa versión, eu polo de pronto envieille a foto a algúns para que me dixeran algo, e coinciden en que un parece Felipe Puentes Agregán, outro Edmundo Rionegro, e o outro o Bravo, que seica era un rapaz que vivía na praza maior. E se nos fiamos do cadro que está colgado na parede, supoñemos que sería antes do ano 1975.

Na entrada de onte contei que fora de Rei un par de veces, pois lembro que o ano que fixemos a cabalgata montados a cabalo, fumos ás cinco da tarde a entrenar, xa que ningún de nós sabía nada de equitación. Os donos dos cabalos que seica eran de Covelo, nos mandaron á Veronza, onde tiñan a pastar as bestas, coa única indicación de apretar as pernas, arre e soo. Tras un tempo de aproximación logramos ergernos sobre as monturas e afacernos con elas, (uns máis que outros).
Os donos dos cabalos ían tamén vestidos de paxes, e nós levaban polas riendas para evitar calqueira percance, así nós tiñamos as mans liberadas para poder lanzar o maior número de caramelos posible.
Visitamos ó Asilo dos anciáns en San Domingos, e despois dalgunha esvarada, na que eu case perdo a coroa e as barbas por non cair do cabalo, fumos ó Concello, onde antendimos a tódolos rapaces.
A volta á Concentración, fixemola ó noso aire, pero lembro que ó chegar a estrada do Carballiño puxemos os cabalos ó trote e á carreira berrando coma animais, por ver quen chegaba antes. Foi coma unha liberación despois de tantas horas de nervios, de coroas, de barbas. Por fin eramos nós outra vez.

Xulio,
ResponderEliminarEu penso que efectivamente, nesta foto, Baltasar pode ser Julio Puentes Agregán e Melchor parécese moito a Enrique Pumar.
Álvaro
Xulio: No ano 78, probablemente; a Asociación Xuvenil Cultural Lembranza, que ocupábamos a antigua sede da O.J.E., organizamos a máis infame cabalgata de reis que eu recorde. Si fora o caso, e esta foto correspondera co acto de reis que perpetramos nós (tiñamos dezaseis ou dezasete anos), os enmascarados somos: Milucho relojero fillo (O negro), Bieito Conde (o do medio co bigote pintado) e a esquerda Milín chucarelo.
ResponderEliminarUna aperta. Bieito Conde
A Bieito Conde:
ResponderEliminarQuerido amigo Bieito, siento decirte que no te reconoces ni a ti mismo.
La foto es del 5 de enero de 1969, y el original de esta foto, lo tengo por supuesto yo, (Edmundo Rionegro Fernández),que soy el que caracterizo (bien mal por cierto) a Melchor, a continuación están Felipe Puentes Agregan (Gaspar), Bravo (Baltasar), falta decir que fué media obligación de D. Gerardo Alvarez Vidal y D. Jaime Davila Sánchez, que era el alcalde entonces (y parece que no encontraron otros mejores). Abajo, en el portal que ahora está el bar Rebus, se escenificaba el Portal de Belen y recuerdo que el niño Jesús era Checho de la Imprenta el Ribadaviense, hoy Juez del Tribunal Supreno.
Y el dictador y asesino Franco en el cuadro, vaya familia jo jo jo Que os den, ¡ VIVA LA REPÚBLICA !
ResponderEliminar