Non sei que é o que se celebraba, pero como podedes ver debía de ser algo importante pola alegría que mostra este grupo de amigos.
Postos a especular podería tratarse incluso dun brindis para celebrar o fin de ano, antes de retirarense todos ás súas casas a cenar, xa que polo que se ve esta foto está feita no inverno, senón fixádevos nos abrigos das señoras, e nas luvas que aparecen en primeiro plano dentro dun tricornio da Garda Civil.
Hoxe en día esta imaxen sería case impensable. Coas presas coas que andamos todos, coche vai e coche ven, e aínda por riba brindando con catro botellas de sidra "El Gaitero" cun número da Benemérita, porque aí no medio está sentado un axente da Garda Civil. Adeus puntos do carnet....
Agora xa máis en serio direivos que esta foto é propiedade de Mª José Bouzas, e nela aparecen os seus pais, Purita e Quico cun grupo de amigos dos que descoñezo os seus nomes sentados no Bar Evencio.

O home que está sentado e con gafas é Angel Dicha un pintor que vivía en Ribadavia e que despois marchou para Vigo, dos demáis só coñezo a Quico e Purita.
ResponderEliminar