Esta foto a sitúa o Museo cara á década de 1920, e pertence ó Fondo Hipólito.
Como todos saberedes a foto está sacada dende a marxe esquerda do río, un pouco máis abaixo da ponte de ferro, e non sei quen serán eses dous señoritos que saen a bordo da lanchiña, pero o curioso é o feito de que é a primeira foto que vexo eu dunha barca por debaixo da desaparecida presa do muíño que había enfrente do Matadeiro, e augas arriba da presa da Raiña.
Sabía da súa existencia por cousas que me contaran, e incluso no cadro de Beruete aparece tamén unha lancha. No blog "Ribadavia fotos del cajón de los recuerdos" apareceu fai pouco outra foto onde se ven as dúas barcas que había debaixo da ponte de San Francisco. Penso que a da dereita é esta mesma barca da foto. Podédelas ver pinchando aquí.
Outra das cousas salientables e que non me cansarei de repetir, xa que me chama moitísimo a atención en tódalas fotos de ríos desta época, é a ausencia de vexetación e de árbores nas orillas, fixádevos que limpas e coidadiñas están as marxes do río, só se ven os areais e os penedos. Eu non vos son experto nestas cousas, pero pregunto: ¿podería ser froito das cheas regulares de tódolos invernos e primaveiras ou esto é debido ó uso que lle da o home ás beiras do río? .
Dame envexa ver estas fotos con todo aparentemente tan limpo. Se vós fixades veredes incluso a unha muller lavando a roupa ó carón do muíño.

No acabo de encontrar a la señora lavando la ropa.
ResponderEliminarEnhorabuena por tu blog
Si, está pegadiña ó muíño da Raiña. Dentro da letra Q,un pouco á dereita. Está axeonllada e vai vestida con cores claras.
ResponderEliminarSegundo me conta Lolín Lira, as barcas eran propiedade de Joaquín Pousa, e tiñan o nome das súas dúas fillas GLORIA (a esposa de Javier de Burgos)e LUCINDA que faleceu fai uns anos.
ResponderEliminarEstaban amarradas debaixo da ponte de San Francisco, xa que a súa casa era a que hoxe é propiedade da familia Torejas.