sábado, 23 de enero de 2010

Ortigueira 1943

Non sei que facían alí en Ortigueira todas estas damas ribadavienses, para min é un misterio, e máis si nós fixamos no seu vestiario, xa que parece que todas elas levan adornados os seus ombros con cadanseu mantón de Manila.
Estou seguro que moitas teranvos caras moi coñecidas, polo que facede o favor de identificalas deixando algún comentario embaixo, e si descubrides os motivos da viaxe mellor que mellor.
O da vila Ortigueira é o que me informan que puña na traseira da foto, pero ben podería ser tamén algunha outra vila veciña desa, na provincia da Coruña, ou algún famoso santuario que hai por ali cerquiña como o de San Andrés de Teixido, do que xa sabedes o dito: "Vai de morto o que non foi de vivo".

3 comentarios:

  1. ¿Estás seguro que estas damas cos seus mantóns de Manila son ribadaviensas?Pásame o mesmo que coa foto da seccion feminina de excursión en Vigo na que non coñezo a ninguén das retratadas, por iso asaltanme isas dúbidas.Saudos.

    ResponderEliminar
  2. Segurísimo, o que pasa e que para recoñecelas hai que ter case 70 anos ou máis. Ten por seguro que nas dúas fotos, as protagonistas son veciñas da vila.
    A foto de Vigo incluso me chegou por dúas vías distintas, e a explicación ma deu Mari Carmen López, que sae na foto.
    De tódolos xeitos tentarei de falar con alguén que poida identificar a algunha delas.

    ResponderEliminar
  3. La 3ª por la dcha. de la fila de arriba es Julita García Aliende. La foto debe de ser de los años 40.
    Muy bonita foto. No sé donde consigues éstas joyitas.

    ResponderEliminar