viernes, 29 de enero de 2010

Os irmáns Escudero

Ou máis ben parte deles, xa que nesta foto só aparecen tres, que son de esquerda á dereita Alfredo, Néstor e Benito Escudero Gallego.
Estan fotografiados na rúa Yáñez da nosa vila no ano 1929, xusto enfrente de onde se atopaba o primeiro comercio do seu pai Agapito, que se chamaba "HIJAGA"(Hijos de Agapito). Supoño que saberedes que dita rúa, é a que saíndo da praza de San Xoán vai baixando ata a fonte da Prata, sendo daquela, no primeiro tercio do SXX, unha das máis comerciais da nosa vila.
Recordaredes a Alfredo porque foi o afortunado rapaz que dous anos despois de sacarse esta foto, sería elixido para esa maravillosa viaxe de estudios que rematou coa foto da portada do ABC ,que vos puxen fai uns días.
Tamén seguro que coñecedes a Benito, do que xa vós puxen moitas máis fotos, coma as do Dr. Kembur.
Os fillos dos dous son grandes colaboradores deste blog, e nesta foto, propiedade de José Luis Escudero, só están tres dos irmáns, pero penso que Agapito Escudero tivo moitos fillos, e a sabiendas de que me vou a esquecer dalgún, voume atrever a dar os seus nomes, aínda que espero algún comentario coas vosas correccións. Os irmáns eran: Mario, Nestor, Agapito, Menchu, Alfredo, Benito, Paulino, Concha e Berta.
Ós que lle temos que sumar Pepe e Julia que eran os que faltaban para os once.

Moitos deles, de seguro ben coñecidos por todos vós, continuaron a saga empresarial e comercial que iniciara o seu pai.




2 comentarios:

  1. Eu non coñecía esta foto, e se a vira e non se dixera nada non sabería que estou vendo o meu pai con nove anos, fixádevos o empedrado que tiña a rúa, aínda o recordo. Dicir que faltan dous irmáns; Pepe e Julia que tiña o comercio na casa que está á dereita deles na foto. Un saúdo.
    O.Escudero

    ResponderEliminar
  2. Unha forte aperta para Oscar, que asi vai completando as fotos do seu pai e tio meu.
    Cando se fixo esa foto a familia vivia ahi, no Hijaga, ainda non se trasladaran ao edificio familiar (e comercial à vez) do El Gran Derroche, na rua do Progreso.
    Pepe Lui

    ResponderEliminar