martes, 5 de enero de 2010

A noite de Reis

Dubidei moito para poñer esta foto, é a primeira deste ano 2010 recén estreado, e dubidei porque ese rapaz pequeno que fuxe alporizado do Rei Melchor (que é Juan Bande), son eu. E... ¿onde ía estar mellor que nos brazos do meu pai?. Aí estamos os dous o día 5 de Xaneiro do ano 1962, supoño que na Plaza Maior ou nos salóns do Concello, xa que parece que esa noitiña chovía.
Diciavos que dubidei, e dubidei porque é a primeira vez que poño unha foto do meu pai neste blog. Moitas das fotos e dos documentos que ó longo destes meses fumos vendo, e máis que os mostrarei, eran del. Ós poucos e paseniñamente, coma unha formiguiña ía gardando e anotando papeis, fotos e cousas curiosas relacionadas con Ribadavia.
Quero adicarlle esta entrada, a de hoxe, a desta noite de maxia e de ilusión. Se non fora por el, polo moito que quería a Ribadavia, e polas moitas cousas que nos deixou, este blog non existiría.
Que os Reis Magos esta noite vós traian todo o que desexades neste ano que entra.
¡Sede moi felices!.


5 comentarios:

  1. Muy bonita y entrañable foto. Y la cuelgas sin reducirla....,. Te animo a que sigas colgándolas así porque tenemos que perder los miedos y disfrutarlas mientras podamos.
    Que tengas una feliz noche de Reyes con tu hijo porque ahora eres tú el que tiene el papel que en ésta foto tenía tu padre. Disfrútalo porque crecen muy rápido. Te lo digo por experiencia....
    Un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Marabillosa fotografía Julio e a seguir publicando estas xoias que nos traen tantos recordos.
    Nestes días entrañables de Nadal e reis eu tamén quero estar contigo nese agarimo que tiñas e segues tendo ao teu pai e a todo o que o rodeou. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Preciosa foto Julio. Lembro que cando tiña uns 4 ou 5 anos, levoume miña nai ao Concello a que lle entregase a carta as S.S. M.M. os Reis, tocoume sentar no colo do Rei Baltasár, o meu preferido, co medo non paraba de chorar pero, sorpresa¡¡¡ Non era outro que meu pai, faloume dicindo que era el, eu nin caso, seguín chorando e chorando. ¿ Como que era o meu pai? De eso nada, para min era o Rei Negro !
    Un Bico

    ResponderEliminar
  4. Si señor, boa foto e nunca mellor dito aquelo de que unha imaxe vale por mil palabras e neste caso só dicir que a foto desprende moita tenrura.Ánimo
    Óscar E. S.

    ResponderEliminar
  5. Julio, non te coñezo en persoa. Son o neto de Alejandrino e Milagrosa, fillo de Juan José, o neto do ferreiro. Acabo de encontrarme con esta fot, e só teño eloxios para a figura do teu pai. Foi unha sorte e unha honra recibir crases dun entrañable profesor e mellor persoa. Lamentei enormemente a súa perda. Só me deu crases un ano, pero mantiven unha relación con él, que alí onde o vía sempre o saudaba. Don Julio, D.E.P..

    ResponderEliminar