martes, 10 de mayo de 2011

Fantasmas

De sempre hobo na vila unha grande tradición teatral. De todos son coñecidas as Mostras que se veñen celebrando dende os anos sesenta, pero quizás moitos de vós non saibades que nos anos vinte, trinta e corenta se montaban obras organizadas por grupos "amateurs" nos que algúns dos nosos veciños mataban a súa vea escénica e cultural, tal e como se pode comprobar nas hemerotecas.
Tiñan estas representacións, as máis das veces, motivos benéficos, e aínda que a xenerosidade da vila está fóra de toda dúbida, tamén existía no público unha certa curiosidade por ver como se desenvolvían sobre as táboas os seus conveciños.
Sei polos xornais vellos que moitas delas se facían no cine España (o do Medio), e non só se puñan en escea obras teatrais, senón que as veces as funcións eran mixtas, e nelas tanto se escoitaba a unha rondalla, un coro, como se declamaban poemas.
Esta foto está datada o día 4 de Maio do ano 1922, e na súa traseira pon:"Cuadro que representó la comedia de Linares Rivas " Fantasmas" a beneficio de los hambrientos rusos".
Posan nela o elenco de actores amateurs que puso en escea esta obra, do que só coñezo a José Rodríguez Fernández, máis coñecido por "Pepe o da botica" que era o avó de Mª José Bouzas, a propietaria da foto. Tamén poño unha foto do libreto da obra, xa que este autor galego gozou de certa fama sobre todo na sociedade de provincias.



1 comentario:

  1. El recostado primero por la derecha, me parece Benito Araujo.
    Saludos para Julio

    ResponderEliminar