Outra postal desas que circulan á venda na Rede. Desta destacamos a elevación do seu autor sobre o casco urbán, o que facilita unha bonita vista do conxunto da vila e dos seus arredores, como o caso do Piñeiral e a veciña Franqueirán.
É unha mágoa que a calidade da imaxe non sexa mellor, polo que non se poden ver os detalles para tratar de datala, cousa que eu non me arrisco a facer.
O que me asombra é a abundancia de viñas e de terreos cultivados que van ascendendo pola aba do monte, atravesados polo serpenteante camiño vello que ía ata A Franqueirán, por onde estaba o depósito da traida, que eu non logro localizar na foto.
En fin, se vedes algún detalle que vos chame a atención e que facilite a datación, facédemo saber.

No hay comentarios:
Publicar un comentario