miércoles, 4 de mayo de 2011

A Porta Nova por Couto

Francisco Couto fíxonos caso, e nestas pasadas vacacións de Semana Santa, veu pola vila e aproveito un ratiño de tranquilidade para facer un fermoso apunte deste recanto tan chamativo da muralla.
Polo que me conta, o Venres Santo pasou por alí, e a uns escasos metros da casa onde vivían os seus pais cando el naceu, hai un pequeno banco. O banco seica está diante da ventá do que lle pareceu un local de fisioterapia, pero o caso é que se atopou tan cómodo e tan tranquilo, que nun intre fixo esta pequena maravilla.
Grazas de novo Francisco.



No hay comentarios:

Publicar un comentario