miércoles, 11 de mayo de 2011

A presa

Tiñámos a certeza de que en tempos exístía unha presa no Avia, no tramo que vai da ponte de San Francisco á ponte de Ferro. Falamos dela en varias ocasións, e como xa dixen noutras entradas, o muiño estaba situado na marxe dereita do río, na curva que describe un pouco máis abaixo da do Amil, mentres que a presa atravesaba o cauce ata incrustarse nas laxes que había debaixo das casas que lindaban co vello Matadeiro. Isto facía que o tramo superior da presa fose de augas calmas, e o aproveitasen incluso para dar paseos nalgunha barca que alí había.
Fai tempo xa publicamos unha postal onde se vía perfectamente a presa, mentres que na foto do ano 1925 feita pola Srta. Ruth Matilda Anderson, esta xa estaba en vías de desaparición.
Hoxe traio esta postal que tamén descoñecía e que atopei en Internet. Pese á súa mala calidade podemos ver como era esta construcción dende a parte baixa da marxe esquerda, onde vemos a un grupo de mulleres lavando roupa.
O que sigo sin saber é o nome desta presa.


1 comentario:

  1. Por donde esta a casa do Sesi 30 mt
    para San Francisco, por esa estaria el molino

    ResponderEliminar