jueves, 26 de mayo de 2011

Postal da Ponte

De cando en vez dou un repasiño por Internet para ver de atopar algunha imaxe nova da nosa vila. Fago isto cada dous meses, senón sempre aparecen as mesmas cousas repetidas unha e outra vez. A verdade é que non me leva moito tempo, xa que estou acostumado a facelo, e sei onde teño que buscar, polo que ás veces aparecen cousas coma esta, que eu descoñecía.
Non sei de que ano será, pero algún de vós, ó mellor poderá aventurar unha data aproximada, máis que nada pola feitura da varanda da ponte, e pola escasa construcción da marxe dereita do río, que é a que amosa esta imaxe feita dende a beirarúa oposta ó convento de San Francisco, máis ou menos onde comenzaba un sendeiro que baixaba a rentes da ponte cara ó río Avia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario