lunes, 30 de mayo de 2011

José Rodríguez Fernández

Hai xente á que os poucos se lle colle agarimo, e eu, pouco a pouco lle fun collendo moita estima a este home que vedes fotografiado aquí, cando ainda era moi novo. Trátase de D. José Rodríguez Fernández, máis coñecido polo alcume de "Pepe o da Botica", e digo que lle fun collendo moito afecto, por que grazas ás súas fotos, e á deferencia que teñen conmigo os seus netos Mª José e Francisco, estase a converter nun dos protagonistas indiscutibles deste blog.
Vímolo nunha chea de imaxes, en excursións, nun grupo de teatro, e incluso aparecía tamén na película da voda dos meus pais. Foi un personaxe moi entrañable na vila desde que chegou a ela moi novo procedente do seu pobo, Varille no Carballiño, onde nacera no ano 1891, para traballar na farmacia dos Sánchez. Alí estivo toda a vida, levando o día a día da botica, e de aí é de onde ven o seu alcume, aínda que pola súa muller, tamén lle chamaban "Pepe o da Juana"
Como podedes comprobar en moitas imaxes deste blog, era todo un cabaleiro, e moito mellor persoa. Sempre vestía dunha xeito impecable, cunha elegancia e un saber estar innato e natural en el.
Esta foto debeuna facer recén chegado á vila, supoño que entre os anos 1910 e 1920, case con toda seguridade en Foto Chao, que tiña ese pano decorativo de fondo no seu estudio , que xa vimos noutras fotos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario