Sigo insistindo neste nome que eu escoitaba de pequeno: "Alaxancha". A verdade é que non sei o que significa, e tampouco se é así como se escribe correctamente. O caso é que se lle aplicaba á zona do Avia que vai dende A Foz ata as Insuas, zona na que o río acadaba unha boa anchura e quizás sexa por iso a orixe do nome. Esa amplitude do río, xunto o remansadas que ían alí as augas o facían idóneo para o baño. A causa desa tranquilidade viña dada por unhas construcións que alí había, e que aproveitaban insuas para represar a auga, que vaciaba cara ó Miño mediante unhas canles artificiais, como a modo de pesqueiras chamadas caneiros.
E así como un pequeno treito do Avia, recibe en só uns cen metros de percorrido os nomes de Alaxancha, Caneiros e Insuas.
Nesta foto que envía Francisco Couto podemos ver ós seus curmáns, nun caluroso día de verán do ano 1963, como os que nós estamos a disfrutar agora, posando nesta zona da que acabamos de falar. Ambolos dous se chaman Braulio, o pequeno é o da Cabrita, e o maior é o de Francelos.

O nome correcto é a Laxa-ancha, que dito as presas soa "alaxancha" por un gran penedo destas características que hai na zona.A foto fermosa.Saludos para Julio
ResponderEliminarHai outro fermoso topónimo na zona, hoxe case esquecido:O Codesal, onde hai moitos anos celebrábase a desaparecida festa das Arnadas.Saludos para Julio.
ResponderEliminar