lunes, 23 de mayo de 2011

No Pazo de Oca

Non sei si lembraredes unhas fotos deste grupo de ribadavienses que puxemos fai bastante tempo. Todo empezou por unha foto deste grupo de veciños nun sitio que non eramos quen de localizar. Ó final, resulta que estaba sacada no Casino de Noia.
Foran unhas fotos, enviadas por Mª Jose Bouzas, e feitas nunha presa, as que levaron a Óscar Escudero á localización do sitio.Hoxe Mª José, nos envía estoutra, que é ben facil de localizar, amais de que no reverso leva claramente escrito: "14 de Abril de 1933. Pazo de Oca".
Como vedes, pouco a pouco vamos reconstruindo esta viaxe, xa temos localizadas tres paradas: Oca, Noia e a Central do Tambre. ¿Pararían tamén en Santiago? Seguro que si, e quizás co tempo aparezan máis fotos desta excursión.Entre os integrante deste grupo estaban Jesús Pousa, Manuel Freijido, Odilo Freijido, Benito Araujo, Antonio Freijido, José Rodríguez, e Carlos Sánchez Rey.


No hay comentarios:

Publicar un comentario