jueves, 5 de mayo de 2011

Nos cursos do PPO

Dende fai moito tempo o Ribeiro e os seus habitantes veñen pelexando pola mellora da calidade dos seus caldos, innovando tanto nos procesos agrícolas como nos enolóxicos. Moitas foron as iniciativas para dar esa formación que se demandaba, e unha delas é a que hoxe amosamos nesta fotografía que nos envía Mª José Bouzas.
Nela podemos ver ó seu pai "Quico" en primeiro temo, vestido con bata branca e garabata, plenamente concetrado nun análise enolóxico. Detrás tamén vemos ó Gonzalo, que é o dos lentes, e ó Alfonso "de Ventosela" con chaqueta escura, e mirando á cámara. Os outros é mellor que os identifiquedes vós, non vaia a ser que eu meta a pata.
A foto debeuse de sacar a principios dos anos setenta nuns galpóns que se instalaran no xocalco superior da Alameda, a rentes do palco da música para desenvolver neles os cursos do P.P.O. (Patronaato para la Promoción Obrera).
Bastantes anos antes de que se fixera esta foto xa se facían no Ribeiro cursiños para mellorar as técnicas agrícolas relacionadas co viño, como podemos constatar no xornal ABC do día 22 de Xullo do ano 1933. Na páxina 11 aparece unha foto a páxina completa feita por Foto Chao, e no seu pé podemos ler o seguinte texto:
Cursillo intensivo en Ribadavia. En la capital del Ribeiro, y con asistencia de muchísimos vitivinicultores, se ha desarrollado un curso práctico semanal, organizado a cargo del personal técnico del la Estación Ampelográfica Central, con la colaboración del profesor de la Escuela de Ingenieros Agrónomos Sr. Marcilla. Trabajos de laboratorio, prácticas de campo y de bodega, y conferencias han tenido un carácter de aplicación a los problemas vivtivinícolas de la zona.(Foto Chao)
Podedes velo premendo aquí.

2 comentarios:

  1. Creo que o que está detras de Alfonso é Jerónimo Docampo. Por certo o curso celebrárase nun baixo da rúa Yañez, onde hoxe ten a súa sede o P.P. de Ribadavia, si te fixas Julio por riba das cabezas dos alumnos vese o que parece unha trabe. Un saúdo. FJB

    ResponderEliminar
  2. Estoi con tigo en esa informacion,
    a sido en la casa que tiene,el Alfonso de Ventosela,en la calle Yañez

    ResponderEliminar