viernes, 9 de octubre de 2009

Castrelito

Eu non sabía que existira un matador de touros no Ribeiro. E resulta que si, que era natural de Castrelo de Miño, e se chamaba Manuel Rodríguez aínda que o seu alcume ou nome profesional era Castrelito, supoño que debido ó seu lugar de nacemento.
A foto que poño hoxe esta sacada do Fondo Fotográfico Escobar da Consellería de Cultura do Goberno de Castilla- La Mancha, e sacouse o día 15 de Agosto do ano 1930 na Praza de Touros de Albacete. Como podedes ver o paseillo o formaban Soriano, Castrelito e Chalmeta.
Tamén poño un anuncio das festas de Guadarrama do ano 1940, no que comparte cartel con Pepe e Antonio Bienvenida. Esta foto a baixei da rede, e a calidade da imaxen é moi deficiente, polo que vós pido disculpas.
O que si fixen, foi investigar un pouco na historia da Festa, e sorprendeume que só se coñeza a Alfonso Cela Vieito "Celita" como matador galego. Parece ser que Celita foi o primeiro, xa que tomou a alternativa na Coruña no 1912, pero cortou a coleta no 1922. E o que recolleu o testigo foi o noso Castrelito que xa vedes que nos anos corenta aínda estaba en activo.

Penso que Castrelito se merece polo menos un sitio dentro da historia da tauromaquia galega.

2 comentarios:

  1. www.historiagaliciaribeirobenito.blogspot.com11 de junio de 2010, 17:06

    Estimado Julio: Hoxe(11-VI-2010) Volvin ollar no teu blog o referente o meu querido tío Castrelito, foi coma meu pai, e penso poderia darche máis informacions acerca do tema os touros en Ribadavia. No ano aprox. 51 estivo en Ribad.(el vivia en Madrid,e intreviu nunha corrida que se diu en Ribad.Entereime, reciente que estaba muy relac.coa familia Freijido erea muy amigo dela, polo que gustariame saber algo o respecto. Cando teñas un momentiño e estes en Rivad., a ver se me dedias un momentiño para falar desto. Saúdos e gracias anticipadas.

    ResponderEliminar
  2. Hola, por si os interesa como curiosidad, he colgado un post en mi blog en el que hay una pequeña referencia de prensa a una actuación de Castrelito en mi pueblo, El Hoyo de Pinares (Ávila), en septiembre de 1928.
    http://www.lanotadiscordante.com/2012/09/la-feria-taurina-de-el-hoyo-de-pinares.html
    Un saludo.

    ResponderEliminar