Non sei se sabedes o difícil que está esto de atopar fotos para poder manter vivo este blog. Moitas veces estou no fío da navalla, e pouco a pouco vou saíndo adiante. E saio adiante grazas ás vosas colaboracións, ás fotos e ós documentos que me enviades.
Fai pouco falando con Rafa, o que fai o blog "Ourense no tempo" que por certo, vós sigo recomendando, me comentaba que ten tantas fotos que o problema é escoller cal pon. A min pásame todo o contrario, teño que barallar moito, darlle moitas voltas ó pouco que teño, para tratar de poñer algo que chame a atención, ou que sexa minimamente presentable. E se hoxe conto todo esto non é por chorala, senón para dar as grazas á xente que me está a axudar.
Por iso, permitídeme que hoxe teña un detalle. Un detalle en forma de pequeno agasallo con Mª José Bouzas, pola súa colaboración neste blog.
A foto de hoxe está composta pola cabeceira de "El Heraldo Gallego" do día 15 de Maio do ano 1927, e dun recorte da páxina que fala de Ourense, da mesma data.
Esta publicación bonaerense facía un resumo das novedades que pasaban en Galicia cada semán para á colectividade galega na emigración de Arxentina e de Uruguay.
Pois ben, enmarcado dentro dun cadrado vermello, entre outras novas da vila, aparece unha noticia que de seguro lle vai a gustar moito.
Gracias Julio, claro que me gustou moito.
ResponderEliminarMais abaixo, despois da necrolóxica, aparece o nome de meu tío avó Mariano Cortés como padriño de voda de Ricardo Rionegro.