miércoles, 28 de octubre de 2009

Na horta do Ballesteros

Outra foto de moita antiguidade sacada nesa finca que era do Ballesteros, e que está situada por debaixo do camiño que ía á Barca, xusto no tramo que une a Porta Nova có Campo da Feira.
Eu xa vira varias fotos tomadas nesa propiedade, pero moi posteriores, e digo isto polas vestimentas dos que saen na foto, e porque coñezo a algúns dos fotografiados, entre eles a Pepe , O da Botica, o avó de Mª José Bouzas que é quen me envía esta foto, e algunha máis que xa vós porei.
Como Pepe xa ten aparecido en outras moitas fotos deste blog, e algunhas delas ben datadas, case me atrevo a poñerlle a esta tamén unha data. Penso que pode andar pola década do 1920, quizás a finais.
Tamen penso que aparece dous tíos avós meus, un é Julio Freijido Montero, e o outro é Manuel Davila, "O Coca", e se recoñece tamén a Benito Araujo, que está xusto debaixo de Pepe, e a Castor Santoro, á esquerda dun home con sombreiro branco, traxe e garabata situado á esquerda da imaxe.
Supoño que estan a celebrar algo, pero ahí xa non me atrevo a aventurar nada, cada un que saque as súas conclusións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario