Fai tempo o noso amigo Rafa Salgado do Blog "Ourense no Tempo" que anda moi liado coa historia dos Maristas en Ourense, solicitaba información do paso desta institución escolar pola nosa vila. Fumos publicando algunha que outra foto, pero penso que esta, que me cedeu o Museo Etnolóxico de Ribadavia, non está moi vista, ou polo menos eu non a coñecía.
Tampouco coñezo a ningún dos rapaces que posan na foto, nin sei onde se fixo, nin a data na que se sacou. O único que sei é que esta foto pertence ó legado Chucho Sánchez Orriols.
Non fai falta repetir o de que se coñecedes a alguén, deixedes o comentario debaixo da entrada.
Aproveito tamén os próximos días para facer unhas entradas sobre ADEMAR, para os que esteades moi interesados neste tema.

casi seguro que a foto está feita na barca, o muro que se vé parece o da finca que vai dende o camiño que baixa do campo da feira ate o embarcadeiro. Os rapaces non os conozo, pero algún irá aparecendo, hai caras que serán reconocibles.
ResponderEliminar