viernes, 27 de mayo de 2011

Na Alaxancha

Sigo insistindo neste nome que eu escoitaba de pequeno: "Alaxancha". A verdade é que non sei o que significa, e tampouco se é así como se escribe correctamente. O caso é que se lle aplicaba á zona do Avia que vai dende A Foz ata as Insuas, zona na que o río acadaba unha boa anchura e quizás sexa por iso a orixe do nome. Esa amplitude do río, xunto o remansadas que ían alí as augas o facían idóneo para o baño. A causa desa tranquilidade viña dada por unhas construcións que alí había, e que aproveitaban insuas para represar a auga, que vaciaba cara ó Miño mediante unhas canles artificiais, como a modo de pesqueiras chamadas caneiros.
E así como un pequeno treito do Avia, recibe en só uns cen metros de percorrido os nomes de Alaxancha, Caneiros e Insuas.
Nesta foto que envía Francisco Couto podemos ver ós seus curmáns, nun caluroso día de verán do ano 1963, como os que nós estamos a disfrutar agora, posando nesta zona da que acabamos de falar. Ambolos dous se chaman Braulio, o pequeno é o da Cabrita, e o maior é o de Francelos.



2 comentarios:

  1. O nome correcto é a Laxa-ancha, que dito as presas soa "alaxancha" por un gran penedo destas características que hai na zona.A foto fermosa.Saludos para Julio

    ResponderEliminar
  2. Hai outro fermoso topónimo na zona, hoxe case esquecido:O Codesal, onde hai moitos anos celebrábase a desaparecida festa das Arnadas.Saludos para Julio.

    ResponderEliminar