sábado, 6 de febrero de 2010

A Alameda

Aproveito esta foto invernal da nevarada do ano 63 na Alameda, que nos envía Mª José Bouzas, e que nos amosa a Alameda tal como era antes de que fixeran o aparcadoiro soterrado, para lembrar a cantidade de horas e horas que pasamos nela.
Na Alameda se podían facer multitude de cousas. Se podía xogar ó fútbol, a un fútbol sen orden nin concerto, que normalmente empezaba con dous rapaces frente a frente rodeados por unha morea de máis nenos espectantes. Eses dous, os elixidos, os capitáns, ían poñendo un pé tras outro no chan, ata que xa non había sitio, e o pé de un entraba atravesado no oco baleiro.
- Escollo eu. Dicía.
E o resto dos rapaces nos iamos apiñando ó redor de cadanseu capitán, e así principiaba o partido. As porterías eran as árbores, e non había liñas de banda nin foras de xogo. Era un todos contra todos deslabazado, que só se detía cando a pelota voaba por derriba do muro e caía á estrada. Mentres algún baixaba a por ela, os demaís collían folgos ou aproveitaban para beber na fonte. ¡E a seguir!.
Pero a Alameda daba para máis. As árbores daban moito xogo, e non falo dos tilos cós que se nos podería tranquilizar, non , senón dos plataneiros que había a rentes do palco da música, cuias bólas desfaciamos nunha pelusa que tentabamos meter entre as costas e as camisas dos nosos inimigos en interminables guerras de pica-pica.
Outras guerras que faciamos eran as das cerbatanas, e para elas tamén aproveitabamos as árbores deste parque. Non había proxectís mellores que os froitiños dos aligustres que copaban a dianteira da Alameda, dende o sanatorio ata a fonte, xusto enfrente da do Odilo.
Pero todo pasa, e ó ir medrando os nosos intereses foron trocando, e a Alameda foi perdendo o seu engado, a súa maxia.
De súpeto, dun ano para outro, alí só había nais dándolle a merenda a rapaciños pequenos.


Neve Ribadavia

No hay comentarios:

Publicar un comentario