Fermosa foto do entroido ribadaviense dos anos sesenta, concretamente feita nun baile na desaparecida sociedade "La Peña".
Podemos ver nela a unha mascarita, como as chama a nosa amiga Matilde, disfrazada dun xeito étnico, como recén saída dunha tribu africana ou americana, e que anda a marear ós que non van disfrazados, xa que eso era o que facían as mascaritas, bailar cuns e con outros e facelos rabiar.

Ir de mascarita tiña o seu arte, sobre todo para que non te recoñecesen, tiñas que cambiar os teus andares habituais e os teus xestos. Pensade que moitos ollos estarán tratando de recoñecerte, e ó menor despiste, como te collan o aire, estás perdido, xa podes sacar a máscara e fin do desafío. Ir de mascarita era iso un desafío, a ver canto tempo podía pasar sen que te recoñecesen.A señora que está a bailar coa mascarita é Gloria Pousa, a dona de Javier de Burgos, e detrás podemos ver a un dos Torejas.
Mascaritas se las llamaba en mi infancia y juventud. No se si es muy correcto llamarlas así pero me gusta el término que viendo éstas fotos nos devuelven a aquella época.
ResponderEliminarBonita foto. Saludos.