A maioría das fotos que me deixades ou que me enviades veñen soas, ou cun escueto acompañamento dunha data ou dalgún nome, polo que ven sendo moi dificil a maior parte das veces dicir algo interesante sobre elas.
E esta é unha desas fotiños, o que pasa e que é desas pequeniñas, desas das que case que se precisa unha lupa para poder velas, pero que grazas á potencia dos escáneres, e á informática, se convirten en verdadeiras preciosidades.
Temos que facer notar tamén, e moito, a maestría, e coñecemento profundo do seu traballo por parte dos fotografos profesionais que traballaban na nosa vila, ou que como é o caso de Rizo ou Unifa viñan de cando en vez a traballar en festas e feiras. Esto podería ser unha pequena e humilde homenaxe a estes fotógrafos, xa que facían verdadeiras maravillas cós poucos medios dos que dispuñan, e moitas veces en condicións moi precarias de luz.
Sirva de exemplo esta instantánea, que me parece moi fermosa, a mágoa e que un deles non sae na foto, pero amosa un segundo moi feliz na vida desas persoas.
A foto estará sacada seguramente nalgún asalto feito na Peña ou no Club. De todos eles eu só vos podo identificar a "Chucho", para os demais dependo de vós.

No hay comentarios:
Publicar un comentario