sábado, 13 de febrero de 2010

Chega o Entroido

A verdade é que moitas fotografías de disfraces e de máscaras non teño. Penso, e ás veces xa me está a fallar a memoria, que aparte da serie do Dr. Kembur, pocas ou ningunha máis debe de haber no blog.
Buscando buscando, atopei esta que estaba na miña casa baixo a custodia do meu avó Ricardo, e na que aparecen dous irmáns xemelgos disfrazados de mexicanos ou de algo polo estilo.

Son os fillos do "Chiripa" e de Felisa, a filla do Rocha o taxista. Seica o rapaz se chamaba Angel, e o nome da rapaciña non o sei.

Polo que me contan agora viven en Venezuela, pero parece ser que Angelito era un fedello de marca maior, e pasaba moitas horas có meu avó con quen estaba moi encariñado xa que eran veciños, e de aí supoño que viría o de conservar a foto con tanto celo.

As roupas que visten, tan ben feitiñas supoño que serían algunhas das que lles mandaba nuns baules dende New York un tío deles que vivía alí, e que era irmán do "Chiripa".

A foto debe de ser de finais da década dos corenta ou de principios dos cincuenta, dos anos da fame, e se vós son moi sinceiro pode que non se fixera no entroido.

1 comentario:

  1. Estaba sin hacer el edificio del banco Pastor como se observa bien pero ya estaba instalado el comercio "Confecciones Suceso", de mediados de los cincuenta por lo que la foto no puede ser de la anterior década.

    ResponderEliminar