lunes, 1 de febrero de 2010

A decoración das Feiras do Viño

Esta foto que traio hoxe ó blog, é propiedade de Mª José Bouzas, e é unha testemuña de como se construían e decoraban os stands nas primeiras Feiras do Viño.
Esta como as demais fotos que puxen desta serie penso que son da II Feira do Viño, ou sexa do ano 1965.
Aquí podemos ver a un fillo de Ángel Dicha rematando unha das súas obras, xa que eran os membros desa familia os encargados da decoración das casetas, e abofé que o facían moi ben. Tiñan dominadas unha serie de imaxes e estampas tradicionais e folcloricos, que unidos a unhas perfectas tipografías e caligrafías, producian un espectacular resultado final.
Hoxe en día, cós tempos que corren e con tódolos medios informáticos, e reprográficos que existen este traballo artesanal sería carísimo e case impensable.


No hay comentarios:

Publicar un comentario