Estes tres ribadavienses que aparecen na foto van camiñando, moi ben acompañados por certo, cara a unha igrexa onde se vai casar un amigo deles.
Trátase dun enlace nos anos cincuenta, concretamente o de Julio García Márquez, que polo que me contan foi casar ó Barco de Valdeorras, e aí, nesa vila, faise esta foto onde aparecen eses amigos que acudiron á cerimonia.
O da esquerda é Secundino, un irmán do "Cariñoso", o do medio é Víctor Quijada, e o da dereita e Manuel Lage.
Como podedes ver van moi ben acompañados, pero paréceme, polo que me contan, que esas belezas son barquenses, non ribadavienses, polo que non as coñecemos.
Daquela eles aínda estaban solteiros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario