viernes, 5 de febrero de 2010

As xemelgas

Dúas desas tres rapaciñas que saen na foto, as que van vestidas dun xeito semellante, cunha blusa estampada e que se sentan nos lados, son unhas irmáns xemelgas que viviron no barrio xudeo fai moitos anos.
Moita máis información delas non vós podo dar, só sei os seus nomes Jesusa e Pilar, aínda que polo que eu sei a xente lles chamaba Jesusita e Pili.
A rapaza que as acompaña, e que sae no medio delas non sei quen é, e como podedes ver están sentadas na presa da Raiña no lado da Foz, o que tampouco sei é en que ano se sacou esta foto.



1 comentario: