miércoles, 24 de febrero de 2010

Escena campestre

Unha foto feita case que de seguro nalgunha daquelas festas que se facían ás beiras dos ríos no verán, supoño que habería merenda, e máis tarde, logo pola noitiña baile.
Coma sempre me pasa, eu non son quen de dicirvos moitas cousas desta foto. Non coñezo a ninguén a excepció de Julio Neira que penso que é o que está no recuncho superior dereita cunha americana obscura e o colo da camisa por fóra.
¿De que ano é a foto? Tampouco vós podo dicir nada, polas roupas eu a situaría nos anos corenta, pero ó mellor algún de vós coñece ós protagonistas da foto e nos di algo, como por exemplo quen pode ser ese rapaz que está deitado á dereita, cós brazos cruzados e que me chama moito a atención pola pulseira feita con balas que leva nunha das súas muñecas.



4 comentarios:

  1. o das balas non sei pero o de detrás parece Julio o Mexicano non?

    ResponderEliminar
  2. La chica que está detrás de la que está acostada es una canchola ( me parece).

    ResponderEliminar
  3. Aqui no está ninguna de las hermana Fernández Freijido ("Cancholas")

    ResponderEliminar
  4. Siento si ofendí al anterior comunicante al nombrar a la srt. Fernández Freijido por el apodo. No acostumbro a utilizarlos cuando son peyorativos u ofensivos ( muchos en Ribadavia) y éste no era el caso. Dije que me parecía y veo que estoy equivocada. Una no es perfecta ( afortunadamente).

    ResponderEliminar