domingo, 21 de febrero de 2010

Homenaxe a Javier Meruéndano

Parece ser que esta foto é dunha homenaxe que se lle fixo a Javier Meruéndano na nosa vila no ano 1934.
A foto me parece, xa que non estou seguro, que a collín prestada da páxina web do xornal "La Región "e penso que ten un grande interés pola cantidade de caras coñecidas que hai. Penso tamén que debeu de facerse na traseira do Club, pero recoñezo a miña ignorancia por que non sei cal de todos estes señores é o homenaxeado. O único que vos podo dicir del, é que era diplomático de carreira, xa que supoño que falamos de Javier Meruendano Fermoso, que no ano 1921 estaba de cónsul en Bucarest, e no 1925 recibe unha condecoración do goberno Rumano. Máis tarde estivo como agregado comercial en Paris, en Miami e en Cuba.
Podemos facer como nas outras fotos deste tipo, a medida que vaiades deixando comentarios coa identificación destes personaxes, eu as irei incluindo no blog.
Animádevos e deixade os vosos comentarios.
Tódolos nomes son de esquerda á dereita:
Fila superior (de pé) : O do medio é Agapito Escudero Jr.
Fila do medio(de pé):Gonzalo Dávila Rodríguez, Emilio Gómez Arias, o sacerdote "Foa",Pepe Casas Abraldes, Agapito Escudero, Jesús Pousa, Jesús Sánchez.
Fila inferior (sentados): Santiago García Rey, ? , O homenaxeado Javier Meruéndano, Emilio García Deive y Manuel Meruéndano.
Agradezo enormemente os vosos comentarios, pero faltan nomes, e algunhas identidades aínda non as teño moi claras, polo que tratade de ser máis explícitos. Grazas.



Homenaje Javier Meruendano Ribadavia

5 comentarios:

  1. O persoeiro homenaxeado Javiér Meruendano, é dos que están sentados o primeiro pola dereita.

    ResponderEliminar
  2. O primeiro pola esquerda, de pé e con traxe branco é Gonzalo Dávila Rodriguez e o quinto da fila do medio (con pano no bolso da chaquet) é Pepe Casas Abraldes.
    Benito Amil

    ResponderEliminar
  3. E o da fila inferior de pe à direita da foto pareceme meu abò Agapito Escudero, se non me trabuco.
    PepeLui

    ResponderEliminar
  4. El homenajeado J.Meruéndano Fermoso (no Formoso) está sentado en el centro, Floravia lo confunde con su hermano Manuel.Están entre otros SAntiago García Rey (sentado) ?, el homenajeado, Emilio García Deive y M. Meruéndano.Detrás y de pie Gonzalo Dávila, Emilio Gómez Arias, el sacerdote "Foa"Agapito Escudero, Jesús Pousa y Jesús Sánchez, Boente, Pepe Casas y Bobillo.Saludos para Julio.

    ResponderEliminar
  5. A min parèceme que aparte de meu abò Agapito Escudero, na fila do medio, tamen està o seu fillo maior (meu tio) que tiña o mesmo nome, Agapito Escudero (Jr.), na fila de atràs, xusto o que està no medio, dos cinco que hai.
    Pepe Lui

    ResponderEliminar