martes, 23 de febrero de 2010

Outra vez a barcaza

Estas dúas fotos están sacadas da páxina web do concello da Arnoia, e se queredes velas alí. podédelo facer premendo aquí.
Mandeilles un e-mail solicitándolles as fotos, xa que están publicadas en moi baixa resolución, pero non conseguín resposta polo que decidín publicalas así.
Como podedes ver a barcaza era de boas dimensións, habida conta de que entraban dous carros de bois en paralelo como podemos ver nas fotos, e que amais cruzaba dun lado ó outro do Miño a oito persoas.
Incluso nunha das fotos aparte de carros parece que se ven varias cabalerías.
É unha mágoa non poder admiralas con un pouco máis de resolución, pero é o que temos, e foi tamén o único medio de transporte que tiveron durante moitísimos anos os nosos conveciños cando querían atravesar o río Miño dende a Arnoia a Ribadavia ou viceversa, polo lugar chamado Porto da Barca.






No hay comentarios:

Publicar un comentario