jueves, 11 de febrero de 2010

O castelo uns anos despois

Esta é unha postal que puso en circulación Edicións Loty, e da que saquei esta copia dunha páxina web. Como podedes ver non lle saquei a marca de auga que lle puxeron nesa web, pero penso que se ve perfectamente o que nós queremos ver.
A fisonomía do Castelo e a das construccións a el adosadas segue a ser a mesma que na foto que publiquei onte e que era do ano 1925.
Con certeza non sabemos cando se sacou esta foto. O que si sabemos é que Loty é un editor que en realidade se chama Charles Alberty Jeanneret, e que no ano 1927 comenzará con esta empresa de fotografiar monumentos e ciudades para editar tarxetas postais moi solicitadas por aqueles anos.
Loty contrata a un fotógrafo portugués chamado Antonio Passaporte para que lle fixera as fotos, este recorreu España e Portugal facendo fotos, a maioria delas en placas de vidro de 10 x 15 cms. e que hoxe se conservan no Arquivo Loty que pertence ó Ministerio de Cultura.
A Guerra Civil rematou coa su actividade polo que esta foto a podemos datar entre os anos 1930 e 1936. Non creo que viñeran á nosa vila a facer as primeiras postais da editorial.


No hay comentarios:

Publicar un comentario