Recibo estas fotos da colección de Matilde Chao con moita "alegría" xa que así parece que se chamaba este conxunto musical.
Eu xa sabedes que moito da historia recente da nosa Ribadavia non vos sei, e que ás veces o que moito fala, moito se equivoca, pero a min dame a sensación de que esta batería, era propiedade do "Alegría", do Sr Gándara que tamén foi percusionista de La Lira.
Repito que non sei a historia dos conxuntos musicais da vila, pero lembro a "Los Cardenales", "Os Féretros", "Os Cisnes", e si pulsades neste enlace veredes unha foto publicada no blog "Mi Ribadavia" ( que leva un tempo parado) no que aparece o grupo "Benjamín y sus muchachos" formado entre outros polo Sr. Gandara.

Eu non recoñezo a ninguén pero vós seguro que si, ademais tendes dúas fotos a falta de unha. Son os mesmos pero cambiados de sitio, polo que espero os vosos comentarios.¡Veña animádevos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario